A Enquisa de Poboación Activa vén confirmar os datos máis pesimistas: 2012 rematou na nosa provincia con case un milleiro de desempregados máis e un punto porcentual con respecto ao anterior trimestre. O resumo do ano amosa uns datos aínda máis desoladores: 20.000 persoas desempregadas máis que a finais de 2011. Con estes datos, e

Continúa a ler…

Nacen dúas novas iniciativas para estarmos máis preto de ti, para escoitarte e atender as demandas que nos queiras facer chegar. Neste mes de xaneiro poremos en marcha a Oficina Parlamentaria Itinerante e as reunións de coordinación entre os deputados autonómicos e comarcais. As reunións de coordinación nacen para que os deputados autonómicos e provinciais

Continúa a ler…

O PSdeG vén de rexistrar no Parlamento varias preguntas en comisión parlamentaria e en pleno, e unha proposición non de lei, para que a Xunta explique cal é o seu compromiso e os prazos previstos para a posta en funcionamento do Porto Seco de Monforte, o grande proxecto de desenvolvemento económico para o sur da

Continúa a ler…

Xa están en marcha os grupos de traballo desde as agrupacións locais. Carlos Gómez Santín, secretario de Organización, reuniuse este venres cos coordinadores das sete comarcas da provincia para entregarlles o documento que resume as principais achegas e ideas dos militantes no encontro do 15 de decembro. Este documento estará a disposición dos militantes en

Continúa a ler…

Unha delegación da Plataforma de Afectados pola Preferentes e Subordinadas de Lugo estivo este venres pola mañá na nosa sede, onde se reuniron coa deputada autonómica Concepción Burgo, co deputado provincial e coordinador do PSdeG na comarca de Lugo, Álvaro Santos, e a concelleira do Concello de Lugo, Ana Abelleira. Con eles redactamos de xeito

Continúa a ler…

Hai anos comezou cunhas simples mostras de humidade. Estas deron paso ás pingueiras que se agocharon como se nada pasase, a pasar da insistencia e das queixas recorrentes das persoas usuarias. Deixouse pasar, como se o tempo as fose amañar soas. E hoxe, enfrontámonos un grave problema: hai uns días veuse abaixo parte do teito

Continúa a ler…

Hoxe á tarde mantivemos unha reunión con veciños e representantes de asociacións veciñais en que informamos os seguintes pasos na reivindicación xusta dos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hospital Universitario Lucus Augusti. O primeiro paso será a emenda aos Orzamentos de 2013 co obxectivo de que o Goberno galego introduza unha

Continúa a ler…

Continuamos co repaso dos recortes que afectan á nosa provincia nos orzamentos da Xunta para o 2013. Desta volta, centrámonos en tres proxectos esenciais para a Mariña que sofren un drástico recorte, tal e como defendeu onte José Ramón Val. Vía de alta prestación da Costa Norte A vía de altas prestacións da Costa Norte

Continúa a ler…

O deputado monfortino Vicente Docasar explicou hoxe pola mañá o que supoñen os Orzamentos de 2013 para a comarca de Monforte: a paralización dos tres proxectos estratéxicos para a zona que explicou Porto Seco A conexión entre a N-120 e o Porto Seco de Monforte, unha infraestrutura estratéxica para a provincia e para o país,

Continúa a ler…

Hai uns días falabamos neste mesmo blog da importancia capital da existencia de salas como a de hemodinámica, radioloxía ou medicina nuclear. Con todo, a día de hoxe, 2 de xaneiro de 2013, estamos sen novas sobre estes recursos esenciais para todos e todas as lucenses e cuxa ausencia pon en perigo moitas vidas. Aínda

Continúa a ler…