Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O PSdeG-PSOE de Lugo convoca unha concentración diante do HULA o luns día 4 ás 17.00 horas con motivo do Día Internacional contra o Cancro.

Facemos un chamamento ás asociacións, aos partidos políticos, veciños e veciñas da provincia para que se sumen á iniciativa e acudan cunha bolsa da roupa ou unha pequena maleta, como símbolo de solidariedade cos afectados que teñen que trasladarse a outras provincias para recibir radioterapia ou ser diagnosticados con medicina nuclear.

800 enfermos de cancro en Lugo teñen que desprazarse cada ano a outras provincias, como A Coruña, para recibir o tratamento de radioterapia. Moitas veces os desprazamentos son en grupos e a horas intempestivas, tendo que esperar a que todos os demais rematen o tratamento para regresar, cos conseguintes prexuízos para as persoas que sofren a enfermidade e os seus familiares.

Só cinco provincias españolas, ademais de Lugo, carecen deste servizo, e todas elas (Ávila, Palencia, Teruel, Segovia e Soria) teñen a metade e ata unha cuarta parte da poboación de Lugo.

Como xa expresamos neste mesmo blog, rexeitamos a proposta da Xunta de aprazar a implantación destes servizos cando se renoven os equipos no resto das provincias, pois non somos cidadáns de segunda.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>