Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Dende o ano 2010 elimináronse 72 unidades de ensino e a provincia conta con 546 docentes menos. A propia Xunta, ademais, recoñece que o número de alumnos ten aumentado ao tempo que se reducen os profesores e centros de ensino; 943 rapaces e rapazas máis que en 2010.

Aos recortes súmase este ano… o pago do comedor!

Un novo golpe para as familias do rural. Trala eliminación dos libros de texto, chega o pago do comedor escolar. A partires deste curso escolar, unhas 7.000 familias terán que pagar a comida dos seus fillos no colexio, das cales más de 4.000 pagarán case 100 € mensuais.

Este tesoirazo é un mazazo nos colexios rurais, os verdadeiramente afectados (nas ciudades, os comedores escolares están xestionados polas anpa’s). Como é posible que a dereita asfixie ao rural ao tempo que gasta 640.000€ nunha campaña para animar aos cidadáns a ter fillos?

Asfixia do rural

A asfixia do rural non remata co pago dos comedores escolares. O peche de unidades de ensino, os recortes en profesores, derivan en situacións esperpénticas como que en Ribeira de Piquín (tralo peche da súa unidade de ensino) teñan que viaxar dúas horas ao día en autobús para estudar en Meira, ou casos coma o de Samos, onde 3 profesores teñen que exercer a docencia para 9 cursos diferentes.

Os recortes en educación; non esquecemos

Mapa das unidades educativas de primaria que pechará educación no curso 2013-2014. Fonte: Deputación de Lugo

Mapa das unidades educativas de primaria que pechará educación no curso 2013-2014. Fonte: Deputación de Lugo

O pago do comedor escolar e a última (por desgraza non cremos que sexa a derradeira) estocada ao ensino público. Velaquí outros recortes previos

  • Remataron co Prescolar na Casa
  • Eliminaron a gratuidade dos libros de texto que impulsou o bipartito
  • Pecharán 9 unidades educativas de primaria en toda a provincia, so neste último curso académico 2013/2014

Chega un momento no que as súas “reformas”, xa admitidas por toda a poboación como recortes, sobrepasan este termo. Quizais estaría mellor chamarlles amputacións. E, coa educación, non se xoga.

 

psoe

One Comment

  1. Como no saben gastar, tiran el dinero de malas maneras, y los que de verdad lo necesitan, que les den…como siempre

    Responder

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>