Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Carmen Álvarez demandará na vindeira sesión plenaria que se celebrará o mércores, día 26, ás 10 da mañá, bonificacións para construcións e vivendas agrícolas

E reclama tamén que se inste ao resto de Administracións a compensar economicamente ao Concello pola aplicación de dita bonificación

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, anunciou que o grupo socialista demandou un Pleno extraordinario para debater sobre a rebaixa dos pagos na contribución.

Álvarez avanzou que o Pleno celebrarase o vindeiro mércores ás 10 da mañá no Salón de Plenos do Concello. No mesmo, a voceira socialista demandará bonificacións para construcións e vivendas agrícolas, e que se inste ao resto de Administracións a compensar economicamente ao Concello pola aplicación de dita bonificación.

Que che pareceu o artigo ?