Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Alcalde, Roberto García, agradeceu a presenza de todos os veciños  e asociacións veciñas do Concello, así como os cargos políticos que se achegaron á vila para apoiar esta manifestación histórica

Emprazou á Xunta e ao Goberno de Feijoo a tomar nota desta manifestación “temos que ser escoitados dunha vez, queremos ser cidadáns de primeira”

A manifestación comezou coa lectura dun manifesto que correu a cargo do profesor e veciño de Xermade, Juan Carlos Viveiro López, no que demandou unha solución a este vial

O Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, cualificou de éxito a convocatoria que se realizou dende o Concello para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán. Neste acto participaron os grupos do PP e BNG con representación neste concello.

Roberto García lembrou na súa intervención que “esta estrada ademais de ser perigosa, ten paralizado o polígono industrial da vila, xa que os transportes especiais non poden acceder ao mesmo, dificultando así o desenvolvemento de Xermade”.

Emprazou á Xunta e ao Goberno de Feijoo a tomar nota desta manifestación “os veciños de Xermade queremos ser escoitados dunha vez, queremos ser cidadáns de primeira”, insistiu.

A manifestación, comezou ca lectura dun manifesto que correu a cargo do profesor e veciño de Xermade, Juan Carlos Viveiro López, no que demandou unha solución a este vial, e anunciou que as mobilizacións seguiran senón se arranxa esta estrada.

A convocatoria, que tivo lugar na praza do Concello, asistiron centos de veciños da contorna, así como Alcaldes e deputados do PSOE. Concretamente participaron os rexedores dos municipios coruñeses de A Capela, Manuel Meizoso, e de Monfero, Andrés Leal. Tamén estiveron presentes o Alcalde e Tenente de Alcalde de Muras, Manuel Requeixo e Mario Rouco, así como o de Ourol, Jose Luís Pajon. Houbo ademais representación das corporacións de Viveiro, As Pontes, Guitiriz e Vilalba, e da Federación Veciñal da Provincia.

Ao acto reivindicativo asistiron deputados autonómicos do PSdeG-PSOE, Concepción Burgo, Luís Álvarez e Jose Manuel Pérez Seco, e a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz.

Manifesto

Download (PDF, 1.18MB)

Que che pareceu o artigo ?