Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Roberto García: “o que esta facendo o goberno de Feijoo, Balseiro e Candia con esta estrada é unha autentica aldraxe e unha marxinación aos veciños de Xermade e de toda a provincia”

O Alcalde xa convocou aos todos os veciños da vila, así como os Concellos afectados polo estado de vial para manifestarse diante do Concello ás 12:30

Advirte tamén que o ancho da LU-170 é moi deficiente e perigoso para o seu emprego

O Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas convocou a todos os veciños da vila, e tamén aos dos Concellos afectados polo deplorable estado da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán, a  manifestarse este sábado día 22, ás 12:30 diante do Concello, co fin de esixir a Xunta o arranxo deste vial.

Roberto García remarcou que “o que está facendo o Goberno de Feijoo, Balseiro e Candia con esta estrada é unha autentica aldraxe e unha marxinación aos veciños de Xermade e de toda a provincia de Lugo”.


O Alcalde lembrou que diversas institucións, como o propio Concello e a Deputación de Lugo xa amosaron o seu compromiso para reclamar o arranxo desta infraestrutura ante a Xunta. Advirte tamén que o ancho da LU-170 é moi deficiente e perigoso para o seu emprego. Tamén lembra que a día de hoxe o polígono industrial esta paralizada xa que os transportes especiais non poden acceder ao mesmo.

Ademais lembra que o Goberno do PP xa se comprometera reparala no no 2011. E replica, que estes traballos xa foron publicados no DOG número 35 do ano 2011. A través deste decreto o Goberno galego comprometeuse a levar a cabo as seguintes actuacións, ningunha delas executada:

  • Construción dunha nova glorieta, que permita modificar a intersección entre a LU-170 coa LU-2205 a Miraz, e a LU-2213 co parque empresarial de Xermade.
  • Definición de novos cambios de sentido.
  • Mellora de interseccións existentes por medio de cuñas de cambio de velocidade.
  • Reforzo do firme

Por último di que este tramo é o único que queda entre Viveiro e Santiago, duns 10 quilómetros, e co seu arranxo beneficiaríanse as 200.000 persoas dos Concellos do norte da provincia e da Comarca de Santiago, dende Cervo ao Vicedo, que a empregan a cotío.

Que che pareceu o artigo ?