Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A listaxe presentada foi aprobada polo 73,17% dos 123 delegados elexidos democraticamente nas agrupacións da provincia de Lugo

Este domingo tivo lugar o Congreso Provincial Extraordiario do PSOE da Provincia de Lugo para elexir aos representantes dos socialistas lucenses ao 39 º Congreso Federal.

No encontro, presentouse unha única candidatura, encabezada polo Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, que foi refrendada polo 73% dos delegados. Estes foron un total de 123, elexidos democraticamente durante esta semana en cada una das agrupacións locais da provincia.


A listaxe aprobada é paritaria, pois está composta por 7 homes e 7 mulleres. Representa a provincia ao estar integrada por socialistas da Montaña, Terra Chá, Lugo, A Mariña, Lemos, Chantada, Quiroga, A Ulloa e mesmo por mozos de distintas agrupacións de Xuventudes Socialistas na provincia.

A lista está composta polos seguintes socialistas:

– José Luis Raposo Magdalena, Alcalde de Pedrafita do Cebreiro (A Montaña)

– Regina Polín Rodriguez, Alcaldesa de Guitiriz (Terra Chá)

– Javier Cerqueiro Gonzalez .Voceiro do PSOE no Corgo (Lugo)

– María Carmen Veiga Rodriguez. Voceira do PSOE en Barreiros (A Mariña)

– José Antonio Quiroga Diaz. Parlamentario Autonómico e membro da agrupación socialista no Saviñao (Lemos)

– Isabel Salazar Bello. Socialista pola agrupación de Lugo.

– José Luis Diaz. Socialista pola agrupación de Lugo.

– Raquel Lopez Rodriguez. Voceira do PSOE en Chantada.

– Miguel Ángel Sotuela Vega. Alcalde de Ribas de Sil e Deputado Provincial. (Quiroga)

– Marina Ramudo Graña. Concelleira Socialista en Pol.

– Hugo Ucha Boán. Membro de Xuventudes Socialistas de Lugo.

Suplentes:

– Pilar García Porto. Voceira do PSOE en Antas de Ulla. Deputada Provincial.

– Fidel Fernández. Membro da Agrupación de Lugo.

– Laura Pardo Iglesias. Membro de Xuventudes Socialistas de Guitiriz.

Outros asuntos tratados

No Congreso deste domingo, os socialistas lucenses tamén debateron as emendas á Ponencia Marco do 39º Congreso Federal. Foron 17 textos, presentados polas agrupacións de Xermade, Alfoz, Foz, Barreiros, Rábade, Lugo, Ribadeo, Monforte de Lemos e Vilalba. Versaron sobre sanidade e educación.

Que che pareceu o artigo ?