Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Son obras na LU-P-3701 das que se benefician centos de veciños de ambos os 2  Concellos; así como 50 familias dos núcleos rurais de Fonfría, Busgulumar e A Lagúa

O Executivo acordou reinvestir 47.000 euros aforrados nas obras no Camiño A en Lourenzá para mellorar a estrada do Pazo de Tovar á Igrexa de Santo Tomé

A Xunta de Goberno aprobou ampliar en 45.000 euros o orzamento do Musiqueando pola provincia, debido á grande cantidade de solicitudes rexistradas, máis de 280

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou realizar melloras de 72.000 euros na estrada provincial que une As Nogais con Pedrafita de Cebreiro. Trátase do acondicionamento da LU-P-3701, das Nogais por Pintinidoira á LU-P-4504, un treito de 4,7 quilómetros dende o punto quilométrico 1,100 ao 5,800. Os traballos consisten na rehabilitación do firme; reforzo da sinalización; incremento da seguridade coa instalación de biondas e mellora do sistema de drenaxe.

Santos Ramos explicou que “estas actuacións benefician aos centos de veciños que empregan esta vía que une As Nogais e Pedrafita; e de xeito directo a 50 familias, que son as que viven nos núcleos rurais polos que discorre o treito que imoss a arranxar, e que son os Fonfría, Busgulumar e A Lagúa, todos eles na parroquia de San André, nas Nogais”.

Ademais, o Goberno Provincial acordou reinvestir 47.000 euros que consegui aforrar das obras de mellora do Camiño A, no Concello de Lourenzá. Eran 150.000 euros os que o Executivo destinou á mellora de case 3 quilómetros deste vial, beneficiando, directamente, aos 1.000 veciños que viven na zona e que, finalmente, se contrataron cuns 100.000 euros, o que permite realizar máis melloras neste municipio da Mariña.

As actuacións consisten no arranxo do firme da estrada municipal do Pazo de Tovar á Igrexa de Santo Tomé. Trátase dunha zona na que viven máis de 500 familias e que conta cunha importante actividade agrogandeira.

Musiqueando pola provincia
A Xunta de Goberno aprobou a ampliación en 45.000 euros do orzamento do Musiqueando pola provincia, que acada os 145.000 euros, tendo en conta a avalancha de solicitudes rexistradas ao abeiro desta programación coa que impulsamos a música tradicional da provincia. De feito, foron máis de 280 peticións feitas por parte de Concellos e asociacións de toda a provincia, que queren actuacións de música tradicional, de bandas ou corais. Son un 17% máis que no 2016. A previsión é resolver, nas vindeiras semanas, esta programación cultural coa que se poderán financiar unhas 210 actuacións.

Que che pareceu o artigo ?