Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas lucenses amosan o seu apoio incondicional ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tome Roca, e a todo o seu equipo de Goberno pola excelente xestión que están realizando no Concello, e diante da moción de reprobación presentada. Din que apoian a xestión levada adiante en Monforte de Lemos, “xa que están traballando sen distraerse con enredos da oposición”. “É máis, queremos felicitar explícitamente esa xestión xa que o Concello está moito mellor despois destes dous anos, arranxo  de 20 rúas novas, abastecemento no barrio do  hospital, a construcción da depuradora do porto seco, melloras nas zonas verdes e no alumeado público e tantas outras actuacións cun Concello nunhas condicións económicas moito mellores que cando os socialistas chegaron ó Goberno, e todo elo a pesar de ter unha oposición irresponsable.”

Os socialistas advirten que gobernar en minoría esixe responsabilidades, pero tamén dos grupos que forman parte da oposición, e primando sempre os intereses dos veciños de Monforte de Lemos. Remarcan que nestes dous anos de Goberno, o Equipo que encabeza o Alcalde, José Tome Roca, fíxoo tendendo a man a tódolos grupos da oposición. Nese senso lamentan que dende esta postura de diálogo do Grupo Socialista, nunca recibiu resposta algunha por parte dos grupos da oposición.

E replican que a día de hoxe seguen coa man tendida para atopar un espazo de colaboración e diálogo que é o que merecen os veciños de Monforte de Lemos.

Ademais critican que os grupos da oposición nunca presentaron propostas e iniciativas encamiñadas a demandar, tanto á Xunta como ao Estado, os numerosos compromisos pendentes que existen cos monfortinos, e que son vitais para o desenrolo económico e social desta cidade. Critican a postura incomprensible dos grupos da oposición, nestes dous anos, “xa que se adicou a obstaculizar o traballo do equipo de Goberno, non deixando gobernar o Concello de Monforte de Lemos”.

Os socialistas lucenses sinalan que “a fórmula presentada de moción de reprobación só se corresponde con intereses partidistas e escapa da verdadeiras preocupacións dos veciños, unha mágoa que non se unan contra as políticas da Xunta de Galicia ou do Goberno do Estado cando afectan negativamente á nosa cidade”. Ademais remarcan que “ nin o Alcalde, nin o seu equipo de Goberno en ningún momento actuaron de xeito desleal, senón todo o contrario, primando sempre os intereses dos veciños de Monforte de Lemos”.

 

 

Por último cualifican esta reprobación como “un auténtico paripé”, xa que está apoiada tanto por representantes do PP e do BNG, unha unión sospeitosa que radica máis ben na política espectáculo, de intentar desprestixiar a xestión dun Alcalde que non fai outra cousa que loitar polos intereses de tódolos Monfortinos. Ante a renuncia dos concelleiros do BNG no rexistro do Concello, recalcamos que é unha mágoa que trasladen os seus problemas internos como organización á vida municipal.

Que che pareceu o artigo ?