Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Torrado di que “os concellos non esquecen” as promesas incumpridas da Xunta e pregunta se “o cambio de nome do hospital vai traer consigo este servizo”

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, realizou unha pregunta no pleno do Parlamento dirixida ao conselleiro para reclamar “unha posición clara” do PP para recuperar o servizo de autopsias no Hospital da Mariña, que se perdeu definitivamente no inverno de 2011 e que foi reclamado de xeito contundente incluso por deputados do PP na comarca para despois “correr un tupido velo” sobre este asunto. “Esquecéronse, pero os que non esquecen son os concellos”, afirmou Torrado.

“O PP anunciou que traballaba moito para recuperar este servizo no verán de 2009 e despois deixou a praza deserta durante un ano. Un ano despois houbo unanimidade para reclamalo no Parlamento e estivo en servizo uns meses para despois desaparecer. Como cambiaron os tempos!”, lembrou. “Preguntámonos se agora coa gran medida de cambiar o nome do hospital vai volver o servizo de autopsias”, ironizou Torrado.

“Dacordo con Agustín Hernández”

O socialista reprochoulle á Xunta que desde a consellería de Sanidade se dixese no seu día que o servizo non se recuperaba porque era “máis barato” en Lugo. “Non se planifica o servizo sanitario de Galicia cunha folla de Excel e un Google Maps”, afirmou o socialista. “Como defenden ex compañeiros ou compañeiros seus, fáganlles caso, ás veces os políticos non teñen que usar só a cabeza, hai que ter corazón. Niso estou dacordo con Agustín Hernández” concluíu.

Que che pareceu o artigo ?