Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

José Antonio Quiroga valora positivamente a sentenza do TSXG ampliando a indemnización ás familias dos brigadistas falecidos en Fornelos en 2010

O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe ao goberno galego a revisión dos protocolos de actuación no caso de lumes forestais, así como os medios materiais e persoais necesarios para previr danos irreparables.

Así o dixo logo da sentenza do TSXG ampliando a indemnización ás familias dos dous brigadistas falecidos en Fornelos de Montes en 2010. O responsable socialista valorou positivamente a sentenza e sinalou que “cando teñen lugar estes sucesos desgraciados é imprescindible facer unha reflexión sobre a adecuación dos mecanismos de actuación ante perigos que poden ter resultados irreparables”.

O responsable socialista sinalou a importancia dunha coordinación de recursos acaída, así como das consecuencias que pode supor unha redución dos recursos humanos e materiais destinados á prevención e extinción dos incendios.

Que che pareceu o artigo ?