Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, sinala que a proposta socialista aprobada demanda, por un lado, establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI onde se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras

García Porto tamén denunciou que quen ocupa o posto de Secretaria-interventora accidental do Concello de Antas de Ulla é María del Carmen Pérez Rodríguez, esposa do Alcalde-Presidente do Concello de Antas de Ulla, e que é á súa vez a persoa encargada de xestionar a contabilidade do concello dende o ano 1993 ata o 2014

Ademais demandou melloras nas instalacións deportivas e nas piscinas municipais

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, avanzou este venres que arrancou o compromiso do Alcalde, no último Pleno, para revisar á baixa do IBI imposto polo concello de Antas, iso si con tres meses de tardanza, comprometéndose a aplicar gravámenes inferiores no ano 2018.


A proposta socialista aprobada demanda, por un lado, establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras. E concretamente, para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será de o 0,3%. Porto remarca que “dita proposta foi aceptada polo Alcalde que se comprometeu a realizar un estudio sobre bo
impacto económico do catastrazo e reconsiderar os gravámenes vixentes, sendo de aplicación os inferiores para o ano 2018”.

A maiores a voceira socialista lembrou que demandou, xa no mes de marzo mediante unha moción, que se revisen os tipos de gravamen aplicados actualmente no Concello (0,5 tanto en urbana como en rústica), e máis concretamente os dos bens vinculados a explotacións agrícolas ou gandeiras. A voceira puntualiza “precisamente pola importancia que ten o sector agrario no noso Concello, como dinamizador fundamental e base da nosa economía produtiva e por tanto de especial interese municipal”.

Melloras nas instalacións deportivas e nas piscinas municipais

Outro dos puntos tratados no Pleno polo Grupo Socialista foron as melloras das instalacións deportivas e o uso diferenciado das piscinas municipais. García Porto remarcou que en reiteradas ocasións demandou que se acondicionen estas instalacións. Por iso reclamou unha actuación neste espazo,”e que PSdeG xa ten orzamentado en 25.000 euros, con fin de poder ofrecer uns servizos para os usuarios, con todas as prestacións en perfecto estado”.

A muller do Alcalde exerce como interventora

A Voceira Socialista tamén denunciou que quen ocupa o posto de Secretaria-interventora accidental do Concello de Antas de Ulla é María del Carmen Pérez Rodríguez, dende setembro do 2016 ata a actualidade, que é a esposa do Alcalde-Presidente do Concello de Antas de Ulla. Ademais esta persoa xestionou a contabilidade do Concello dende o ano 1993 ata o 2014, sendo persoal laboral do concello destinado a labores informáticas.

García Porto explica que “ao ser desde setembro a secretaria interventora accidental acumúlanse de xeito anómalo, na mesma persoa tarefas de xestión e de realización da imprescindible fiscalización (como interventora), en relación coa xestión de ingresos e fundamentalmente nas fases de execución do gastos do Concello. Polo tanto a mesma persoa realiza os Estados Financieiros e Contables, e ao mesmo tempo tamén os fiscaliza”. Sinala que “a maiores desta acumulación atípica de funcións, mantén a súa vez unha relación de primeiro grado por afinidade (cónxuxe) co responsable político (Alcalde-Presidente do Concello de Antas de Ulla). Polo tanto, estamos ante unha situación na que semella que existe un potencial conflito de interese”, advertiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?