Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista sinala que “como gobernantes que somos é a nosa obriga defender unha sanidade pública, universal e gratuíta, que xa é recoñecida por todos como un exemplo de calidade a nivel mundial”

Explica que en Galicia hai mais de 60.000 mulleres afectadas por endometriose, das cales o 15% ten formas severas da doenza, o que suporía arredor de 9.000 mulleres

A voceira do PSdeG-PSOE de Boveda,  Carmen Macía, defendeu unha moción na pasada sesión plenaria coa que reclamou máis recursos para atender aos doentes de endiometriose. Concretamente demandou consultas especificas, unha unidade multidisciplinar, e que o Concello impulse unha campaña informativa sobre esta doenza. A proposta foi rexeitada polo PP.

A voceira socialista criticou a pouca sensibilidade do Equipo de Goberno de Bóveda “non apoian esta proposta que só demanda melloras sanitarias para as mulleres de Galicia, ese é o seu compromiso coas mulleres deste pais”, resumiu.

A Voceira denuncia o retraso do diagnostico desta enfermidade, e a pouca atención que ten por parte das autoridades sanitarias; ademais sinala que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil. Polo tanto en Galicia hai mais de 60.000 mulleres afectadas por endometriose, das cales o 15% ten formas severas da doenza, o que suporía arredor de 9.000 mulleres.

Macía replica que foi un Goberno Socialista que impulsou a Lei Xeral de Sanidade, aprobada en 1986, e que supuxo a universalización da atención sanitaria e a implantación do Sistema Nacional de Saúde público, gratuíto e de calidade co que contamos en España.

Por iso afirmou “non podemos dar nin un paso atrás na sanidade”. E proseguiu “como gobernantes que somos é a nosa obriga defender unha sanidade pública, universal e gratuíta, que xa é recoñecida por todos como un exemplo de calidade a nivel mundial.Insisto, hai servizos básicos dos que non podemos renunciar, nin tampouco dar un paso atrás, e a sanidade é unha desas liñas vermellas na que non vamos ceder nunca. E por iso presentamos esta proposta, xa que a endometriose é unha desas enfermidades que necesita máis investimentos e mais recursos, xa que afecta a moitas mulleres”, resumiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?