Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, cualifica esta situación como “neglixente”, e di que “non ter socorristas pon de manifesto a súa falta de previsión e desinterese, polo que é unha desculpa que non poden tragar os veciños”

Replican que “os veciños e veciñas de Rio Cobo son os padecedores, ano tras ano, da actitude por parte do Concello de abandono das funcións municipais”

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, criticou hoxe “a deixadez, o abandono e o desinterese do equipo de goberno de Alfonso Villares”, para non abrir as piscinas de Río Cobo durante este verán.

O voceiro socialista cualifica esta situación como “neglixente”, e di que “non ter socorristas é unha desculpa que non poden tragar os veciños. Nun momento puntual pode suceder que por falta de previsión, o resultado sexa non poñer en funcionamento o servizo da piscina, pero dous anos consecutivos é falta de competencia. Se non hai persoal local haberá que ofertalo noutros ámbitos, o que non se pode é deixar de prestar un servizo para tódolos veciños e veciñas de Cervo”, explicou Mon.

Así as cousas replican que “os veciños e veciñas de Río Cobo son os sufridores, ano tras ano, da actitude por parte do Concello de abandono das funcións municipais”. E advirten que “só son recordados en momentos puntuais como nos períodos electorais, xa que na restante época do ano, a deixadez, inoperancia e a falta de vontade política é a tónica xeral”.

Os socialistas lembran ademais que o compromiso que adquiriu o Concello de Cervo cando se fixo cargo das instalacións “que era o de manter os servizos de que dispoñía o Club para todos os veciños e veciñas de Cervo”. Nese senso o voceiro socialista advirte “que o Club de Río Cobo, coma moitas infraestruturas do Concello permaneceu esquecido sen vontade de traballar para buscarlle unha viabilidade, e agora o resultado é a necesidade de realizar fortes inversións nestas instalacións para que non quede en estado ruinoso”, resumiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?