Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista tamén advirte da “deixadez do goberno local” en relación aos veciños e veciñas desta parroquia, xa que “a torre da Caldaloba está a piques de caer” e “a pesar de que xa hai dous anos que teñen unha axuda concedida da Deputación para o arranxo do cemiterio parroquial, o Concello unicamente pon atrancos”.

Os socialistas de Cospeito denuncian “o total abandono da Área Recreativa de Porto en Pino, un dos lugares máis fermosos e visitados do concello de Cospeito, tanto da zona de baño como do resto da área”.”Calquera persoa que por alí se achegue pode ver a desatención e lamentable estado de tal paraxe”, como así o fixo a voceira socialista Rosa Morán que, ante reiteradas queixas de veciños e veciñas acudiu ao lugar. Tamén puido comprobar que “a praia de Porto en Pino desapareceu do catálogo de praias de Galicia, tendo información de que unha vez máis, como así acontecera o ano pasado, o motivo de non aparecer é que dende Sanidade avisaron en varias ocasións ao Concello que por non estar en condiccións os accesos á zona de baño non poderían tomar mostras”.

Morán critica que “o alcalde, ao igual que o ano pasado, fixo caso omiso e non se acondicionou a zona e, polo tanto, pararon de tomar mostras e desapareceu esta praia do catálogo de praias de Galicia, onde si están outras moitas praias fluviais de toda a comunidade autónoma coma a de Xustás, tamén en Cospeito”. Isto débese á veciñanza que “é a que acondiciona a zona de baño, a pesar de ser responsabilidade municipal; posto que a área de Porto é de patrimonio do Concello de Cospeito, como así o argumentou o alcalde en moitas ocasións”.

A voceira do PSdeG-PSOE local explica que “a situación é aínda máis surrealista porque o ano pasado aconteceu o mesmo e os socialistas levaron este tema a pleno en varias ocasións ante o que o alcalde respondía que a Confederación non concedía permiso”. Pero os socialistas advirten que “é totalmente falso porque hai moitas zonas de ríos para as que grupos de veciños ou asociacións solicitan permiso e lles é concedido sen ningún problema para acondicionar eses espazos. Senón como poderían estar en boas condicións outras zonas de baño catálogadas como praias fluviais?”, se pregunta Morán.

Por isto, considera que “unha vez máis o señor Castosa mostra o seu desinterese e desidia polo día a día do Concello e, en concreto, nesta parroquia de Pino; xa que o ano pasado a asociación de veciños Sanmartiño de Pino solicitaba mediante un escrito rexistrado no Concello a limpeza da zona de baño para non perder o título de praia fluvial que tiña a praia de Porto. Ademais de non facernos casos a nós, fixo o mesmo cos veciños e veciñas”, censura.

Igualmente nesta parroquia se reflicte a “deixadez do equipo de goberno local co abandono da Torre da Caldaloba que está a piques de caer e, a pesar de que alertamos en máis dunha ocasión, nada se fixo nin se tramitou”.

E o mesmo acontece co cemiterio parroquial de Pino que os veciños e veciñas tiñan intención de arranxar. Por iso, solicitaron axuda á Deputación Provincial conseguindo unha importante axuda económica; pero “a obra está sen executar porque dende o Concello, en vez de colaborar, unicamente se poñen atrancos que impiden a súa execución”. Morán recorda que “xa hai preto de dous anos que a axuda está concedida e á espera dos trámites municipais”.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>