Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O alcalde en funcións de Láncara dixo que “si Láncara hoxe está en marcha é grazas ao investimento real e directo do Goberno da Deputación de Lugo”

Remarcou que a Xunta leva anunciado dende fai 28 anos proxectos que a día de hoxe son só indicios, como a senda peonil

Dende o Concello ofrecemos a nosa colaboración para traballar polo futuro dos veciños de Láncara, pero con proxectos reais e con orzamento

O alcalde en funcións de Láncara, Pablo Rivera Capón emprazou hoxe ao voceiro do PP da localidade e ao Delegado Territorial da Xunta a traballar máis polos veciños, e facer menos fotos. Rivera Capon fixo esta afirmación tras coñecer as súas declaracións, publicadas nos medios, nas que sinala que a Xunta inviste 2,1 millóns na vila.  

Rivera Capón remarcou que “a Xunta leva anunciado dende fai 28 anos proxectos que a día de hoxe están sen materializar e para os que todo son problemas”. Sinala que “a senda peonil que volven a anunciar non ten nin proxecto, está sen adxudicar e sen licitar, e dubidamos que estea lista antes das eleccións municipais. É normal que os veciños nos custe crer que este proxecto se faga realidade algún dia, despois de ser anunciado, insisto durante 28 anos”.

Tamén aludiu ao investimento ao que alude o voceiro popular sobre a aportación da Xunta a Láncara. Neste punto advirte “que debeu sumar todos os investimentos que fixo a administración Autonómica dende os comezos da democracia ata hoxe, para que lle dean as contas”.

Rivera Capon afirma “si Láncara hoxe está en marcha é grazas ao investimento real e directo do Goberno da Deputación de Lugo. As actuacións que o Executivo Provincial levou a Láncara no 2016 conta cun investimento de 360.000 euros; e no 2017 achegará con 550.000 euros”, explicou.

Ademais citou proxectos orzamentados como a humanización da zona próxima á estación de tren; a dotación dunha pista multideportiva na zona próxima ao Club Fluvial; ou as melloras no rural como a apertura de cunetas e no arranxo do firme con rego asfáltico de estradas en Toldaos, Monseiro, Cedrón, Vilouzán, Vilarello, Lama e Ronfe.

O voceiro socialista aludiu tamén a creación de emprego na localidade e os servizos sociais. “A Deputación asume os custos laborais de 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de tempo libre; así como a asistencia a 30 maiores de Láncara, aos que non ofrece asistencia a Xunta de Galicia”. E sobre a promoción do sector primario, lembrou “a XIX edición da Feira Degustación da Tenreira Galega con 3.000 euros que aporta o organismo provincial, na que a Xunta de Galicia non investiu un só euro”, espetou.

Por último sinalou que “dende o Concello ofrecemos a nosa colaboración para traballar folo futuro dos veciños de Láncara, pero con proxectos reais e con orzamento. Menos fotos, menos notas de prensa e máis implicación co tecido económico da vila”, resumiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>