Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, critica que non hai mantemento nas instalacións, o valado do peche perimetral está roto, os elementos de xogo desconchados, e con partes de madeira astilladas

Demanda, mediante unha moción, que  o Concello de Antas de Ulla realice labores de limpeza no Parque Infantil para garantir aos usuarios as condicións hixiénico-sanitarias

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, avanzou este venres que rexistrará unha moción para esixir ao Alcalde mellores dotacións no único parque infantil da localidade. Ademais asevera que “non cumpre as mínimas normas de seguridade, nin de hixiene”.


García Porto advirte que “o mantemento desta instalación infantil foi practicamente nulo dende a súa creación, por iso está sucio, con acumulación de lixo na papeleira e en todo o recinto”. Sinala tamén que “tampouco hai mantemento nas instalacións, xa que levan varios meses coas lousas levantadas, o valado do peche perimetral rota, os elementos de xogo desconchados e con partes de madeira astilladas e rotas, con todo o perigo que conleva o mobiliario”.

A voceira denuncia que “a maiores destes desperfectos, o entorno non está adaptado para albergar xogos infantís, xa que a principal rúa pola que discorre pegada ao parque é una falsa rúa peatonal, que só conta con sinalización nunha dirección polo que os vehículos que veñen na outra dirección descoñecen que poden atopar nenos xogando na calzada”. A maiores di que “a Praza Nova ten uns elementos decorativos formados por cepos, que tanto pola súa angulosidade, como pola altura, supoñen un claro elemento de risco de accidente para os máis cativos. O mesmo sucede coas escaleiras e zona de acceso á Praza Nova dende o Parque”.

Por todo isto, García Porto, demanda mediante unha moción rexistrada, que o Concello de Antas de Ulla realice labores de limpeza no Parque Infantil para garantir aos usuarios as condicións hixiénico-sanitarias.

Nesta proposta reclama “que se realice as labores de mantemento precisas para garantir a seguridade dos nenos e demáis usuarios do Parque infantil; que se repare de xeito inmediato o chan e a valado de peche perimetral; que se substituía ou modifique aqueles elementos de xogo que polo seu deterioro ou desperfectos poden supor un risco para os nenos e demais usuarios”.

Sobre a sinalización viaria demanda que “o Concello de Antas de Ulla adapte a sinalización de falsa peatonalización, na Rúa da Igrexa para que non supoña un risco para condutores e peóns. E que se eliminen aqueles elementos que supoñan un risco ou perigo para os usuarios por non tratarse de mobiliario urbano homologado”.

Demanda dun novo parque infantil

Por ultimo demanda ao Concello “a dotación dun segundo parque infantil ubicado nunha zona que conte cunha mellor orientación, de tal xeito que reciba máis horas de sol no inverno e menos no verán contando cunha zona de sombra nos espazos de xogo”

 

 

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>