Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Carmen Álvarez cualifica esta situación “de tercermundista”, xa que non entende como en pleno s. XXI pode haber un Concello de 1.000 habitantes na montaña de Lugo, que dispoña do servizos sanitarios mínimos cos que debe contar os veciños

Denuncia ademais que si hai unha urxencia os doentes “deben de trasladarse a Quiroga para ser atendidos, co gasto económico que iso supón para os afectados”

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, denunciou este martes “que a Xunta non substitúe as vacacións do médico e das dúas ATS do Centro de Saúde”.

Álvarez advirte ademais que o segundo médico do Centro de Saúde “non está na consulta ata ás 12 do mediodía, coa inseguridade que iso conleva para os doentes, e sobre todo nesta época estival na que hai máis veciños no Concello”.

A voceira socialista cualifica esta situación “de tercermundista”, xa que non entende como en pleno século XXI pode haber un Concello de 1.000 habitantes na montaña de Lugo, que dispoña do servizos sanitarios mínimos cos que debe contar os veciños.

Carmen Álvarez denuncia ademais que si hai unha urxencia os doentes “deben de trasladarse a Quiroga para ser atendidos, co gasto económico que iso supón para os afectados”.

Que che pareceu o artigo ?