Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Leiceaga acompañou á Xunta de Persoal do Hospital da Costa na concentración de protesta contra a reforma da Lei de Sanidade que fará desaparecer as áreas sanitarias de A Mariña, O Salnés, Lemos e Valdeorras

 

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe “reforzar a sanidade pública” fronte ao anteproxecto de reforma da Lei de Saúde coa que o goberno galego quere facer desaparecer as áreas sanitarias de A Mariña, O Salnés, Lemos e Valdeorras, derivando a atención aos hospitais de referencia.

Fernández Leiceaga sinalou que “é máis importante potenciar os hospitais públicos, e non convertelos en hospitais de segunda, con áreas sanitarias de segunda para cidadáns de segunda categoría”.

O responsable socialista lamentou hoxe que o PP vetara, na Deputación Permanente do Parlamento celebrada onte, a comparecencia do conselleiro de Sanidade para dar conta dunha reforma dirixida a “recortar a sanidade pública e suprimir catro áreas sanitarias”. Amosouse “a favor de reforzar a sanidade pública, non de recortala, porque non pode haber diferenzas na atención a cidadáns dunha e outra zona de Galicia”.

Leiceaga viaxou hoxe ata Burela para participar, xunto co presidente da Deputación de Lugo e alcaldes e portavoces socialistas, na concentración convocada polas xuntas de persoal dos centros afectados. O portavoz socialista visitou o luns o Hospital do Salnés e viaxará a próxima semana aos hospitais de Lemos e Valdeorras.

Na concentración de hoxe participaron, xunto co portavoz socialista, o viceportavoz do Grupo Parlamentario e deputado de Lugo, Luis Álvarez, o portavoz de Sanidade, Julio Torrado, os alcaldes dos concellos lugueses de Burela, Viveiro, Ourol, Trabada, Valadouro, Lourenzá, Alfoz ou Ferreira, así como representantes institucionais e políticos de toda a comarca.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>