Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon denuncia que os veciños sufrirán un recorte de 31.155,50 euros , o que supón un 58,55% menos que no 2016

Advirte “si nestes intres o abandono no rural xa é total, que faremos cando teñamos a metade dese orzamento”

Remarcou que “presentamos esta proposta debido ás infinitas queixas que se están a recibir por parte dos veciños e veciñas do Concello”

 

O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon criticou que “o PP oponse a que se incrementen os investimentos do Plan de Mellora Municipais, que este ano recortouse en mais de 30.000 euros”. Lembra que para o Concello de Cervo no 2016 dotouse con 53.208 euros, no ano 2017 22.052,50 euros, e para o ano 2018 están destinados 22.052,50 euros.

Coas cifras na man denuncia que os veciños sufrirán un recorte de 31.155,50 euros , o que supón un 58,55% menos que no 2016. Neste punto advirte “si nestes intres o abandono no rural xa é total, que faremos cando teñamos a metade dese orzamento”. lamentou.

Mon avanzou que na pasada sesión plenaria “o Grupo Socialista presentou unha moción coa que por un lado, demandamos á Xunta que incremente as axudas correspondentes ao PEIM, asegurando polo menos nas anualidades 2017-2018, a mesma cantidade que no ano 2016. E por outra banda, que a Xunta atenda a capacidade orzamentaria deste plan dun xeito prioritario. Pero atopámonos coa negativa do PP”.

O voceiro socialista remarcou que “presentamos esta proposta debido ás infinitas queixas que se están a recibir por parte dos veciños e veciñas do Concello, e en especial no rural, do abandono e deterioro que están a sufrir a inmensa maioría dos camiños municipais”. Dixo que hai moitos “camiños reais infranqueables, e case na súa totalidade intransitables, aos que o Concello non lles presta a debida atención, e que na maioría dos casos teñen que ser os propios veciños quen coa súa iniciativa sexan quen os manteñan e quen se preocupen de atendelos e arranxalos”, relatou.

Tamén aludiu ás sendas peoniles, “xa que carecen dun mínimo mantemento a pesar de que se ofertan como atractivos turísticos”. Nese senso lamentou a mala imaxe que perciben os turistas, e todos aqueles que veñen ao Concello e queren coñecer o noso rural, xa que o único que ven é un abandono total”, resumiu.

Por último lamentou a pouca importancia que lle asigna a Xunta de Galicia ao noso medio rural.

 

 

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>