Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas propoñen a creación dunha mesa de traballo composta por representantes da corporación, así como de veciños e asociacións para “facer o que o Alcalde non fai”

Os PSOE denuncia a redución en case un 30% no número de socorristas que traballan nas praias do Concello; e a perda de bandeiras azuis

Carmen Veiga criticou as promesas incumpridas do Alcalde, como o centro de día ou o saneamento da zona sur

                                                

O Grupo Municipal Socialista solicita a dimisión do Alcalde por “incumprir sistematicamente as promesas feitas aos veciños e a esta corporación, que prexudican gravemente a situación do noso Concello”. Así o manifestou a voceira do PSOE en Barreiros, Mari Carmen Veiga, que rexistrou ao pleno extraordinario celebrado esta semana, máis de 35 preguntas, para coñecer de primeira man a postura do equipo de goberno en relación á situación das praias do concello, ou o sistema de contratación municipal, entre outros.

Carmen Veiga apuntou que “vista a desidia do Alcalde, dende o PSdeG-PSOE de Barreiros propómoslle a creación dunha comisión ou mesa de traballo composta por representantes da corporación municipal, así como de veciños e asociacións para facer o que o Alcalde non fai”.

 

Promesas incumpridas

A voceira socialista explicou que o rexedor prometeu en varias ocasións un centro de día para o Concello “que nin está nin se lle espera”. Neste senso, Carmen Veiga criticou que o rexedor non quixo acollerse ao convenio que dende o Goberno de Touriño na Xunta lle ofreceu, e que significaría cero custos para o concello. Carmen Veiga apuntou que o rexedor tamén prometeu un Saneamento na Zona Sur do Concello, que non se pode facer porque o Alcalde nin tan sequera é capaz de conseguir fondos da Xunta para este fin, tal e como fixo Foz, que acadou 8 millóns para un novo saneamento.

 

Escaseza de socorristas, bandeiras azuis e falta de limpeza

Outros dos aspectos que os socialistas de Barreiros critican, é a falta de seguridade nalgunha das praias máis concorridas por veciños e visitantes, así como a perda dos distintivos azuis nas praias do Concello. Así, a voceira explicou que “o Alcalde decidiu reducir o número destes profesionais en case un 30%, uns 23, que comezaron a traballar cara o 6 de xullo; case 1 mes máis tarde en relación a anualidades pasadas. Esta redución o que trae consigo é unha merma no servizo e, polo tanto, na seguridade dos veciños”.

O PSdeG-PSOE de Barreiros criticou  as “minimas condicións de limpeza e hixiene das praias do Concello, así como da súa contorna”. Deste xeito, criticou que varios dos areais do Concello parecen “escombreiras” pois acumulan grande cantidade de restos de pedra de obra, fibrocemento, ladrillos ou formigón que ademais de contaminar supoñen un risco para os usuarios das praias.

psoe

Que che pareceu o artigo ?