Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Rosa Morán lamenta que o alcalde non informase ao grupo socialista ao respecto das novas rutas previstas, antes ben, que son os propios membros da oposición quenes informan á veciñanza desas rutas.

O grupo municipal do PSOE de Cospeito alerta da situación na que queda este concello chairego respecto ao transporte de viaxeiros unha vez que entre en vigor o vindeiro martes 8 o novo plan de comunicacións proposto pola Xunta, e que encadra a Cospeito no XG-536 “Lugo Noroeste e Terra Chá”.

A voceira socialista, Rosa Morán, xa defendeu no pleno do pasado mes de xuño unha moción referente a este tema, na que lle pedía ao alcalde información e a súa implicación no tema. “Á vista está que non se implicou, posto que non houbo modificacións respecto á proposta inicial cando noutros concellos si que as houbo”.

“As rutas que quedan están baseadas principalmente nas escolares, o cal non nos parece mal sempre e cando teñan algún sentido, pero non é o caso de Cospeito”, afirmou Morán, para a continuación desgranar as mencionadas rutas para coñecemento dos veciños e veciñas de Cospeito:

  1. 536-6 VILALBA-COSPEITO-LUGO
    Vilalba – Frouxeira – Rioaveso – Grandavella – San Paio – Feira do Monte – Xermar – Triabá – Castro R. de Lea – HULA – Lugo
  2. 536-8 FEIRA DO MONTE-A VEIGA DA ACEA
    Feira do Monte – Colexio Virxe do Monte – Xermar – Roás – Mesón de Eulogio – Veiga de Pumar – Oroxe – A Veiga da Acea
  3. 536-11 FEIRA DO MONTE-CRUCE XESTO
    Feria do Monte – Colexio Virxe do Monte – Casa Xil – Os Muiños – Casablanca – Costa Zapateira – Centro Arneiro – A Graña – Villamel – Xesto – Cruce do Xesto
  4. 536-12 FEIRA DO MONTE-A REGUEIRA
    Feira do Monte – Colexio Virxe do Monte – A Regueira – Casa Camila – A Millarada – Támoga – Casás – Grandela – O Calvario – Igrexa de Sisoi – O Carballal – Os Curriños – Escola de Lamas- Ramallal – Cruce de Carradelas
  5. 536-13 FEIRA DO MONTE-VILAESTAR
    Feira do Monte – Colexio Virxe do Monte – casa Horacio – Cruce da Espiñeira – escola da Tenencia- Casa Matías – Lagoa de abaixo – Cotarón – Casa Xaimo de Sistallo – O Pote – Grandavella – Casa Plácido – A Granda – A Raña
  6. 536-16 MUIMENTA-FONDAL DA GRAÑA (ABADÍN)
    Muimenta – Fondal da Graña – Carballeira – A Tilleira – Avda. Pastoriza – cima de Vila – Valmaior – O Pozo – Vilariño – Avda.  Pastoriza – CEIP Muimenta

Engade que a maioría das parroquias “quedan sen comunicación con Lugo”. “Unhas rutas xa foron suprimidas hai anos e outras, como a que pasa polo Arneiro, Momán, Xustás e Muimenta desaparece o día 8. A única ruta que vai ao HULA é a que procede de Vilalba, pero a hora non é moi axeitada”.

Por todo elo o PSOE de Cospeito confía en que se rectifique o novo itinerario establecido.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>