Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Lembra ademais que defendeu unha moción na que demandou que non se suprimiran as liñas en Cospeito, xa que varias parroquias quedarían sen comunicación con Lugo, como puidemos comprobar. Todo o PP votou en contra da proposta
A Voceira do Grupo Socialista en Cospeito, Rosa Morán, avanzou que rexistrou diversas preguntas na vindeira sesión plenaria, para reclamar explicacións sobre a situación tributaria da empresa Biocompost de Lugo S.L., en relación ó IBI, taxa de recollida de lixo ou calquera outro tributo municipal nos últimos catro anos.

A voceira quere saber, entre asuntos, si de ser o caso, e previos os informes dos servizos económicos, se requira á empresa Biocompost de Lugo S.L., para que proceda á correspondente alta das edificacións e do suelo no catastro e se proceda a liquidar o IBI, incluídos os atrasos. Así mesmo demanda acordar, que no suposto de acreditarse o incumprimento das condicións establecidas no contrato de compravenda, a adopción das medidas que se contemplan no acordo plenario de 22 de decembro de 1998 e transcritas no corpo desta proposición.

Ademais Rosa Morán demanda explicacións ao Alcalde sobre a supresión de varias liñas de transporte de pasaxeiros. Lembra ademais que defendeu unha moción na que demandou que non se suprimirán as liñas en Cospeito, xa que varías parroquias quedarían sen comunicación con Lugo, como puidemos comprobar. Criticou que todo equipo do Goberno Popular de Cospeito, rexeitaron a moción, argumentando que  xa tivera varias reunións coa administración sobre este asunto. Ademais neste pleno o Rexedor anunciou que tiña presentadas alegacións antes da entrada en vigor, o día 8 de agosto, e que agora tiñan que contestar. O Grupo Socialista comprobou as modificacións con relación ó anteproxecto, e constatou como liñas en principio suprimidas volveron a aparecer, pero non no caso de Cospeito.

Por  todo isto critica que dende o día 8 de agosto os veciños de Cospeito quedaron sen servizo a Lugo ou con modificacións de horarios sen previa información e sen saber a quen preguntar. “Queremos que nos explique como está a situación a día de hoxe, se houbo ou se contempla algunha modificación e en que consiste, así como o funcionamento de cada unha das liñas, posto que nos consta que algunha que debería estar funcionando, polo menos algúns días a semana, en realidade non o está. E por último, si solicitou a reposición da liña que recollía pasaxeiros na parroquia de Cospeito que ía a Lugo, que xa hai anos se suprimiu, ou si en algún momento trasladou esta demanda nesas das moitas reunións das que falou”, resumiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>