Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Carmen Álvarez denuncia que durante as vacacións os médicos non se substitúen, e o que lle toca a quenda, traballa 3 horas nun centro e 3 horas noutro, ademais advirte que tampouco se substitúe o ATS

Critica as graves consecuencias económicas que sofren os usuarios, “xa que ademais a xente para desprazarse a os médicos teñen que pagar taxi, posto que no Courel non hai ningún tipo de transporte público”

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, denuncia o deterioro da Sanidade no Courel, despois de ler nos medios as afirmacións da Xunta nas que sinala que O Courel ten un servizo sanitario de calidade. Neste punto afirmou que “os veciños da vila non se deixan enganar polas mentiras do PP sobre a asistencia sanitaria, porque por desgraza sófrena e padécena”, puntualizou.

Álvarez lembrou que no Courel existen 2 Centros médicos, un situado na localidade de Folgoso e outro en Seoane, cunha distancia dun ao outro de 13 Km; a estrada polo que transcorre é moi sinuosa e está en mal estado. Ademais a distancia entre as aldeas do Courel está arredor de 60- 70 km entre algunhas delas. E non hai que esquecer que existe unha poboación envellecida, cunha media de idade entre 55-60 anos.

A voceira socialista denuncia que durante as vacacións os médicos non se substitúen, e o que lle toca a quenda, traballa 3 horas nun centro e 3 horas noutro, ademais advirte que tampouco se substitúe o ATS. Advirte que durante este verán “os veciños que tiveron que facer as curas ou análises tiveron que desprazarse a Quiroga para poder ser atendidos, deixando constancia deste malestar nos organismos correspondentes con reclamacións sobre este asunto”, sinalou.

Advirte que despois das 10 da noite as urxencias son atendidas en Quiroga, ou senón os que lle queda mais preto van a Pedrafita do Cebreiro, xa que dende alí queda máis cerca o Hospital de Lugo. Replica ademais que “os que van a Monforte de Lemos en ambulancia dende o Courel, teñen que facer transbordo en Quiroga para ir o Hospital de Monforte, é dicir non chegan ata 75 minutos dende a saída”.

Carmen Álvarez explica un caso concreto que ocorreu no Courel. “Fai unhos días un operario que estaba traballando nun tellado, picouno unha avespa, e quedou inconsciente, chamaron o 112, pero o  helicóptero non quixo aterrar; e cando chegou o medico do Courel,  xa o reanimarán os veciños, tras quedar 10 minutos inconsciente. Este é o servizo sanitario que teñen os veciños do Courel, os veciños e a sorte”, dixo.

Critica as graves consecuencias económicas que sofren os usuarios, “xa que ademais a xente para desprazarse a os médicos teñen que pagar taxi, posto que no Courel non hai ningún tipo de transporte público”. E lembra que “despois de moito pelexar, hai botiquín de farmacia”, pero puntualiza “para as urxencias hai que ir buscar os medicamentos a Quiroga ou a Pedrafita. Estes son os servizos públicos e de calidade do PP na Montaña”, sinalou.

 

Accesos á gardería

Por último critica os accesos á gardería dependente da Xunta, que está situada nun edificio baixo da antiga cámara agraria, xa que para acceder aos mesmos os nenos/as, teñen que descender por unha escaleira de varios peldaños, co risco que iso conleva; xa que lembra que fai días unha avoa caeu xunto cun neno polas escaleiras.

Que che pareceu o artigo ?