Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, criticou o balance que expresan as contas do Concello de Cervo, que foron aprobadas só co voto do PP porque a Conta Xeral é a que determina o grado de cumprimento dos orzamentos municipais, que son o planeamento económico e estratéxico do Concello. En relación a isto os socialistas din, “o equipo de goberno elaborou estes orzamentos sen ter ningún plan nin proxecto para os seus veciños, e por iso orzamentos do PP quedan intencionadamente en mans da improvisación”.

Mon Fernández advirte que cun pouco que se analice a Conta Xeral, vemos como se confirma a pobre e nefasta xestión que está a realizar o Goberno do PP en Cervo. Critica que haxa partidas correspondentes a inversións sen executar; como as destinadas á  vivenda, abastecemento de auga, asistencia social primaria, fomento do emprego, promoción cultural, deportes ou mesmo para a promoción turística. Coas cifras na man denuncia que deixáronse sen executar nestas partidas 514.261 euros.

O voceiro socialista pregúntase si no Concello de Cervo os seus veciños non tiveran necesidades. Denuncia que hai parroquias sen saneamento, familias que non poden facer uso da traída de augas pero si a pagan, instalacións municipais en estado deplorable, infraestruturas sen mantemento que transmiten a realidade do abandono. A EDAR de Cervo que non resucita, o saneamento de Figuerido, que a pesar de ser recente xa esta deteriorado, a EDAR de San Ciprián sen estar o 100% un día vai e 5 non e mentres se verte directamente o mar.

Sinala ademais que durante este exercicio efectuáronse 30 modificacións de crédito: 2 incorporacións de remanentes, 7 transferencias de crédito, 19 xeracións de crédito e 2 de crédito extraordinario.

Así as cousas afirma que “o Goberno do PP non teñen ningún motivo de triunfalismo, aínda que vivan para a propaganda, a conta xeral retrata a mala xestión que o equipo de goberno do Partido Popular esta a realizar”, resumiu.

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>