Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira, Carmen Álvarez advirte “levamos mais dunha semana cun solo medico que atende os dous centros de saúde que distan un do outro de 13 km de distancia”

Preguntouse “onde están os servizos básicos e elementais que anuncia o PP en Decretos da Xunta? No Courel non están”.

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, denunciou unha vez mais o abandono indiscriminado que sofren os veciños do Courel, xa que  “levamos mais dunha semana cun solo medico, que atende os dous centros de saúde que distan un do outro de 13 km de distancia, e levamos máis dunha semana sen telefonía e internet”, advertiu.

Carmen Álvarez asegura que “os veciños que acoden ao centro medico e esperan na consulta ata que se cansan, e senón non son atendidos volven ao dia seguinte, e atópanse co mesmo panorama”. E preguntouse “onde están os servizos básicos e elementais que anuncia o PP en Decretos da Xunta? No Courel non están”, espetou.

A voceira explicou que o pasado 18 de outubro houbo un accidente xa que se precipitou un operario da canteira dun muro de 5 metros. Sinala que para atender a esta incidencia acudiu un helicóptero pero non puido aterrar, e hai que lembrar que a carretera está xusto enriba da canteira. Así as cousas, despois do frustrado aterrizase aparece a ambulancia, pero o médico non pode acompañar ao ferido para non deixar O Courel sen a mínima asistencia, e polo tanto o ferido é trasladado só na ambulancia ata o hospital de Monforte de Lemos. “Esta é a asistencia sanitaria que reciben os veciños que traballan e viven no Courel, co risco que toda esta situación supón para o ferido”, remarcou Carmen Álvarez.

Sen atención no Cuartel

A voceira socialista denuncia tamén os problemas de seguridade e roubos que vive a vila. Relata que no cuartel da Garda Civil de Seoane fíxose un investimento, pero non se utiliza para nada. “Na porta do edificio hai un cartel que indica un numero de teléfono para chamar a emerxencias, esta é a seguridade coa que atenden aos veciños da Montaña, chamar por telefono”, criticou. Lembra ademais que fai poucos dias roubáronlle a un residente do Courel un cólmena e no Cuartel non había a quen dirixirse.

 

psoe

Que che pareceu o artigo ?

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>