Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Co ánimo da defensa duns servizos sociais públicos e dignos e a transparencia na Administración Pública dende o PSOE de Foz tomouse a decisión de dirixirse ao Sr. Conselleiro de Política Social que preside o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para solicitarlle que faga un seguimento pormenorizado do concurso para a xestión da nova Residencia de Foz.

Logo de que saltasen todas as alarmas coa publicación de certas declaracións da persoa que xestiona o actual asilo a través de Mensajeros de la Paz, nas cales afirma ter o compromiso do Concello de que, en breves, estarán na nova residencia, dando a entender que será a esa entidade, Mensajeros de la Paz, a que se fará coa xestión da nova residencia e mais, tendo en conta que aínda nin redactaron nin publicaron as bases do mesmo, a dirección socialista tomou a decisión de poñerse en contacto co Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia.

Non pode resultar estraño que aos socialistas nos salten as alarmas – explican tanto o grupo municipal como a executiva local – máxime cando a idea do alcalde de Foz, desde o primeiro día, sempre foi a de ceder “a dedo” a residencia a dita entidade. Así o manifestou en diferentes medios de comunicación e así o levou no seu día a pleno, nunha proposta de alcaldía na que expoñía, con total claridade, que a súa intención era, tras solicitar do Consorcio a cesión da residencia ao concello por un período de entre dous e catro anos, asinar un convenio con Mensajeros para que fose esta entidade a que levase a xestión da nova residencia, sen que se sacase a concurso en liberdade de concorrencia con outras empresas do sector.

Non obstante e á vista da resposta dada polo Consorcio, na cesión o uso do inmoble e equipamento para que o Concello asuma a xestión integral de dito centro, onde se especifica con claridade, que pode facelo directamente ou indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidos na normativa dos reguladora dos contratos do sector público e demais normativa de aplicación vixente, o alcalde por fin, parece comprender o que dende as filas socialistas sempre se expuxo e reclamou tanto en plenario como nos medios de comunicación, que asinar un convenio para ceder a xestión á entidade Mensajeros de la Paz, sen sacalo a concurso público era algo que, a parte de non axustarse a dereito, era de imposible realización por ser presuntamente ilegal, informa de vai proceder á elaboración dunhas bases para sacar a concurso público a xestión da residencia.

Dados estes antecedentes, xorden moitas dubidas no PSOE de Foz sobre si as bases para o concurso público que se van a elaborar dende o concello, serán redactadas á medida e pensando en favorecer a dita entidade o que incorrería en un acto de prevaricación administrativa, facendo que se tome a decisión de solicitar ao Sr. Conselleiro que vele pola máxima transparencia e lexitimidade de ditas bases e dito concurso público e para que se asegure a igualdade de oportunidade dos licitantes tal e como se expón na Lei de Contratos do Sector Público.

Os socialistas, como oposición, estamos obrigados a vixiar e fiscalizar ao goberno e sempre esixiremos que as cousas se fagan de maneira transparente e legal e mais vista a traxectoria no xeito de actuar do alcalde onde, os “amiguismos”, teñen un peso moi importante á hora das adxudicacións de obras e proxectos públicos en Foz. Sirvan como exemplo as últimas, a adxudicación da redacción dun proxecto para unha senda peonil concedido, por varios miles de euros á empresa de un ex-concelleiro do PP, para quedarse en papel mollado dentro dun caixón, pois non tiña a disposición os terreos por onde planeaba que pasase dita senda ou o escandaloso caso da reforma pavillón de Marzán, onde resultou adxudicataria a “construtora de cabeceira” da alcaldía, cunha rebaixa temeraria de 100.000 euros e agora, vemos que o alcalde estudia darlle novas actuacións por valor dos cen mil euros rebaixados.

Diante desas novas actuacións no pavillón, si supoñen facer melloras, perfecto adiante, non obstante, os socialistas, estaremos vixiantes e ou ben anuncia un novo concurso público para as mesmas ou si as fai en base ao contrato antigo, esixiremos que a dirección de obra faga un proxecto modificado e que este pase por un inspector.

Download (PDF, 506KB)

Que che pareceu o artigo ?