Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Lugo, 22 de decembro de 2017

Catro días despois da elección da nova Executiva Provincial do PSOE de Lugo, as 36 mulleres e homes socialistas que a integran mantiveron a súa primeira reunión de traballo, na que fixaron o calendario de celebración das asembleas de renovación das executivas locais e estableceron que nestas sesións tamén se elixan os membros dos pioneiros grupos de traballo comarcais e os delegados ao Comité Provincial para a súa inmediata constitución ou convocatoria. Tamén determinaron os primeiros martes de cada mes como data de celebración das súas reunións ordinarias de traballo.
Entre o 15 e o 31 de xaneiro terán lugar as asembleas de renovación das executivas locais. Nestas convocatorias, os socialistas elixirán aos secretarios xerais, de organización ou de política municipal, entre outros representantes, das súas correspondentes agrupacións nos Concellos.

Tamén elixirán aos compañeiros que formarán parte dos 7 grupos de traballo comarcais (1 grupo por cada comarca lucense: Lugo, A Montaña, A Mariña, Suroeste, Lemos, Sarria e Terra Chá), cos que se busca incrementar a pluralidade e a participación do conxunto da militancia na actividade, axenda ou nos obxectivos do partido socialista na provincia de Lugo en representación, defensa ou resposta ás necesidades dos lucenses.

Os grupos comarcais de traballo estarán integrados por 1 militante de cada unha das agrupacións municipais socialistas, polos secretarios xerais das correspondentes executivas locais, polos Alcaldes ou voceiros do PSOE nos respectivos Concellos e polo Secretario de Coordinación coa Comarca. Estes, que forman parte da recen elixida Executiva Provincial Socialista de Lugo, son:

– Secretaria de Coordinación coa Comarca de Lugo, Silvia Rodríguez Díaz (Concelleira e voceira socialista en Portomarín); Secretario de Coordinación coa Comarca da Montaña, Alfredo Guiu Valle (Concelleiro e voceiro socialista nas Nogais); Secretaria de Coordinación coa Comarca da Mariña, Rocío López García (Alcaldesa de Lourenzá); Secretario de Coordinación coa Comarca do Suroeste, Rafael García Figueiras, (presidente da xestora socialista de Monterroso); Secretario de Coordinación coa Comarca de Lemos, Pedro Rodríguez Palacio (Concelleiro e voceiro na agrupación local en Pantón); Secretario de Coordinación coa Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón (tenente de alcalde de Láncara e Deputado Provincial pola Comarca de Sarria); e Secretaría de Coordinación coa Comarca da Terra Chá, Marina Ramudo Graña (Concelleira de Asuntos Sociais e Benestar de Pol).

Tras a celebración destas asembleas e, polo tanto, unha vez elixidos ao conxunto de compañeiros para cada órgano; a Executiva acordou convocar en febreiro a reunión do Comité Provincial e da constitución dos 7 grupos de traballo comarcais.

Outro dos acordos desta primeira reunión foi fixar os primeiros martes de cada mes como data de celebración das reunións ordinarias de traballo da Executiva Provincial do PSOE de Lugo.

Que che pareceu o artigo ?