Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista no Concello de Barreiros, María Carmen Veiga, destacou este venres que “demostramos de novo que é o PSOE o único que atende ás necesidades dos nosos veciños. Pois hoxe o Goberno Socialista na Deputación aprobou un investimento de 230.000 euros para mellorar a estrada provincial que atravesa San Xusto, unha das parroquias máis importante na zona sur do noso municipio polo número de habitantes. Son 300 os veciños que directamente se beneficiarán destes traballos e centos de xeito indirecto, xa que esta vía dá acceso directo ao núcleo urbano de Barreiros, ademais de comunicar con Lourenzá e coa N-634”.

 

“Somos os socialistas os únicos que traemos investimentos a Barreiros para mellorar as dotacións públicas dos nosos veciños fronte a un Alcalde e un Partido Popular que castiga aos veciños de Barreiros, non facendo investimento algún para mellorar as dotacións públicas dos veciños do noso Concello; fronte ao un Alcalde e un Partido Popular que é capaz ata de multar ao municipio e, polo tanto, a todos os veciños, pola súa propia desidia e omisión absoluta de competencias; fronte a un Alcalde e un Partido Popular que mantén endebedado ao noso Concello con 3 millóns de euros”.

 

Neste senso, a voceira socialista explicou que “o Alcalde e os seus compañeiros do PP aprobaron un orzamento que non contempla investimento municipal algún para a mellora das prestacións públicas aos veciños; que o Alcalde e os seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia nin traen investimentos públicos ao Concello nin tan sequera compren coas súas responsabilidades legais, facendo a imprescindible e inexistente depuradora de Arealonga. É máis, o único que fan ao respecto é multar reiteradamente ao Concello, acumulando multas de 17.500 euros ata o momento, que teremos que pagar todos os veciños”.

 

“Lamentablemente, demóstrase, unha vez máis, que somos os socialistas os únicos que traemos investimentos para mellorar as dotacións públicas dos nosos veciños dende o Goberno do PSOE na Deputación. Os socialistas cumprimos cos veciños de Barreiros, traendo ao Concello un novo investimento para, neste caso, acondicionar un treito de 5 quilómetros da LU-P-0609 ao seu paso pola parroquia de San Xusto. Os socialistas traeremos novos investimentos ao Concello porque a nosa prioridade son os nosos veciños”.

Que che pareceu o artigo ?