Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Mondoñedo, 29 de xaneiro de 2018. Os socialistas de Mondoñedo acúsana Elena Candia de favorecer intereses privados con diñeiro publico nas obras do Barrio de San Lázaro. Esperanza González denuncia que na última sesión plenaria o Equipo de Goberno do PP aprobou unha cesión de terreos ao Concello “sen contar con ningún informe, xurídico, técnico ou urbanístico que avale esta proposta de cesión de terreos”.

 

González preguntou tanto na Comisión Informativa como na Sesión Plenaria “si existía algún documento no que constara que os cedentes destes terreos cumpría cos seus deberes legais que lle marca a Lei de Solo de Galicia. Ou si existía algunha Informe técnico ou xurídico que garantira a equivalencia de valores entre as dúas partes. A resposta dos servizos xurídicos foi que non facían falta.”, relatou.

 

Así as cousas ante a negativa de informar sobre asunto “o Grupo Socialista votou en contra desta cesión”. Ademais este proxecto beneficia claramente a un empresario que ten os terreos no Barrio de San Lázaro, polo tanto non é unha obra de interese xeral, senón particular. Xa que tal e como consta na proposta da Alcaldía sinala que se van executar obras en muros e valados que pertencen a súa propiedade, e que ao noso entender, xa deberían estar urbanizados, tal e como marca a propia Lei do Solo de Galicia (Artigos 20 e 30). “Polo tanto non existe interese xeral nesta nova dotacións, senón particular”, resumiu González.

 

A voceira remarcou que Candia “ten unha tendencia moi perigosa en favorecer interese privados”.

 

Consello de Contras

Ademais o Grupo Socialista realizou varias preguntas relacionadas con facturas do Concello. “Concretamente preguntamos por un pago de 30.000 euros para Universidad a Distancia(UDIMA), destinado ao proxecto MONDOTECH. E tamén por un requerimento do Consello de Contas sobre a formalización do Contrato de recollida de residuos urbanos do Concello; os servicios xurídicos do Concello informáronnos que era un erro “de códigos” ao introducir datos na súa plataforma dixital.

 

Queixas no Servizo de Axuda no Fogar

O Grupo Socialista tamén se fixo eco, nesta mesma sesión plenaria, das queixas e do malestar, dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, xa que ultimamente están sufrindo moitoscambios. O equipo de Goberno informou que acaban de realizar novos “encadres”, para ofrecer un mellor servizo.

 

Pistas en mal estado en Argomoso

Por último o Grupo Socialista coñeceu polas queixas dos veciños de Argomoso, sobre a situación na que quedaron as pistas do Concello tralas actuacións realizadas pola empresa Excavaciones Ramsei SL., que a día de hoxe xa cobraron polos traballos realizados. Os veciños denuncian que limparon as cunetas e deixaron a maleza extraída nas propias cunetas, provocando inundacións nas vías, converténdose moitas vias nun autentico lameiral. Ademais din que as actuacións levadas a cabo na reparación das fochancas foi moi escasa. Polo tanto demandamos que se revisen estas pistas e que se acondicionen os camiños para garantir que os veciños do Concello poidan circular con seguridade pola mesma.

Que che pareceu o artigo ?