Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Riotorto, 28 de xaneiro de 2018.- A Agrupación Socialista de Riotorto mantivo unha asemblea extraordinaria á que acudiron practicamente a totalidade dos socialistas que forman parte da mesma, así como a Coordinadora coa Comarca da Mariña da Executiva do PSOE na Provincia de Lugo e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e a Alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez.

 

A afluencia de participantes a este encontro débese á súa emotividade, pois os socialistas quixeron render unha simbólica homenaxe ao seu compañeiro, Secretario de Organización do PSOE de Riotorto, recentemente falecido: Santiago Rodríguez Saco.

 

Fixérono antes do inicio do acto de renovación e votación dos representantes da nova Executiva Socialista no municipio riotortense, “nun día triste para todos, no que non nos acompaña un verdadeiro amigo, sempre compañeiro, que deixa un fondo baleiro persoal que non se pode ocupar”.

 

Os socialistas subliñaron o “bo sentido do humor e a alegría que desprendía Santiago, unha persoa extrovertida e moi aberta, que sempre che sacaba un sorriso. Foi, é e sempre será un referente para todos os seus compañeiros, pois nos seus 38 anos de militancia no Partido Socialista traballou de xeito incansable, con sensatez e absoluta entrega por facer socialismo, defendendo por riba de todo os dereitos dos seus veciños”.

 

“Para seguir facendo socialismo, o que sempre fixo e faría Santiago, coa súa lembranza e coa tristeza que a todos nos provoca non telo con nós, porque sempre estaba aí, sempre podías contar con el, demostrando ser un verdadeiro compañeiro e amigo”, os socialistas elixiron aos representante da nova Executiva do PSOE de Riotorto.

 

Os seus integrantes son os seguintes: José García Freije asume a Secretaría Xeral; Alberto Gómez López a Secretaria de Organización e Antonio García Méndez a Secretaría de Política Municipal.

Que che pareceu o artigo ?