Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista do Concello de Barreiros, María Carmen Veiga, destacou este luns que “o presuposto municipal reflexa a absoluta desidia dun Alcalde que non atende aos seus veciños”.

 

María Carmen Veiga explicou que “é un presuposto tramposo, no que a Fuente Parga non lle interesa recoller os case 3 millóns de euros que adebeda o Concello, e polo tanto todos os veciños, debido a súa nefasta xestión e absoluta desidia”.

 

“O Alcalde deixa aos seus veciños sen investimento municipal algún para mellorar a súa calidade de vida. As únicas aportacións económicas que recibiremos os veciños de Barreiros para acondicionar as nosas dotacións públicas, ofrecer servizos sociais imprescindibles ou xerar emprego serán as que fagamos os socialistas dende o Goberno da Deputación, tal e como xa, lamentablemente, aconteceu no 2017”.

 

Neste senso, a voceiro apuntou algúns dos investimentos que o Goberno do PSOE na Deputación levou a Barreiros como, por exemplo, os 200.000 euros para mellorar o abastecemento na Barranca, o alumeado público no Couto, Seona e Saíñas, os  accesos da Igrexa de Reinante á Casa Panta, de Sarxende-Casa do Merlo, do Camiño Paco o Aparejador, do campo de fútbol das Valgas…; os 48.000 euros para a xeración de novos postos de traballo ou os máis de 24.000 euros para a prestación de servizos sociais a máis de 20 maiores do Concello, entre outras achegas.

 

María Carmen Veiga subliñou que “o Alcalde nin ofrece investimentos municipais aos seus veciños nin tan sequera se preocupa ou pelexa para que o seus compañeiros do PP, que están á fronte das principais administracións do país, como son a Xunta e o Goberno Central, traian investimentos que respondan as necesidades que temos en Barreiros”.

 

“É exemplo disto a tan necesaria e inexistente depuradora de Arealonga para a que o PP non contempla financiamento algún no orzamento da Xunta, cando é esta a administración, a través de Augas de Galicia, a que ten as competencias na materia e a responsabilidade última de responder aos graves problemas que sufrimos na zona”.

 

“Do único que se preocupan os compañeiros do Alcalde no Partido Popular é de multar aos veciños de Barreiros por non ter esta depuradora, pois recibíronse preto dunha decena de sancións por valor de 17.500 euros, que teremos que pagar todos os veciños de Barreiros cos nosos fondos públicos pola absoluta deixadez e desidia do Alcalde e do Partido Popular”.

Que che pareceu o artigo ?