Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A deputada socialista lucense Margarita Pérez Herraiz rexistrou no Congreso unha Proposición non de Lei coa que insta ao Goberno a  “que apoie e inclúa nos orzamentos xerais do Estado a Gran Senda do Navia proposta pola Deputación de Lugo e o Principado de Asturias”.

Pérez Herraiz recorda que a Deputación de Lugo e o Principado de Asturias, co apoio de dúas federacións de senderismo e montaña, once asociacións culturais e deportivas e unha fundación cultural, presentaron ante o Ministerio un anteproxecto para a Gran Senda do Navia co fin de que a mesma poida ser subvencionada a través do programa Camiños Naturais.

A deputada socialista coinciden cos promotores do anteproxecto en que “a gran senda sería unha oportunidade social e económica contra o abandono do territorio que se está producindo en toda a zona”. Recorda que afecta a catro comarcas, dezaseis municipios e uns trinta e tres mil habitantes e sinala que “estas comarcas experimentan con especial dureza crébaa do modelo económico agrario tradicional, cuxas consecuencias máis graves son o envellecemento da poboación e a dinámica demográfica regresiva”. “Por iso son necesarios proxectos territoriais que, aproveitando os recursos do territorio, poidan xerar novas actividades económicas e oportunidades de emprego para as poboacións locais” – incide.

Do mesmo xeito apunta que “esta senda tería-conexión con tres camiños de Santiago que son Patrimonio da Humanidade, así como con dúas autovías, crearía unha senda cicloturista e sendeirista pola contorna do Navia, e goza dunha serie de singularidades que a farían moi atractiva como a riqueza patrimonial e natural que hai nos dezaseis municipios, a afección ao sendeirismo e a demanda de percorridos sinalizados en boas condicións e con discurso cultural e natural”

Tamén destaca que “os promotores indican que se trata dunha oportunidade para poñer en práctica un proxecto innovador baseado na cooperación entre os municipios e as comunidades afectadas” pois os grandes aproveitamentos hidroeléctricos do río, Arbón, Doiras e Salime anegaron as veigas fértiles do río e borraron a rede de camiños tradicionais e os seus vaos, alterando radicalmente a súa paisaxe. Así, propoñen a apertura dun gran percorrido co río Navia como fío condutor aproveitando os camiños tradicionais existentes vinculados á actividade agraria e forestal, e recuperando os camiños en desuso.

O anteproxecto presentado ante o Ministerio tamén propón enlazar as áreas e elementos do patrimonio natural.

Que che pareceu o artigo ?