Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

 

Audio José Tomé

Audio María Loureiro

Audio Álvaro Santos

 

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos,o Presidente Socialista da Deputación de Lugo e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, os Rexedores do PSOE de Viveiro, María Loureiro García; Burela, Alfredo Llano García; Trabada, Mayra García Bermúdez; Ourol, José Luís Pajón Camba; Alfoz, Jorge Val Díaz; O Valadouro, Edmundo Maseda Maseda; Lourenzá, Rocío López García; Monforte de Lemos, José Tomé Roca; e Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega; así como a Secretaria de Benestar da Executiva Provincial Socialista e Concelleira viveirense, Isabel Rodríguez López, trasladáronse este martes a Santiago de Compostela xunto a un cento de veciños da provincia con motivo do debate no Parlamento galego da reforma da Lei de Saúde do Partido Popular.

Xuntos, ás 09:30 da mañá, concentráronse diante da Cámara galega para demandar, unha vez máis, pois fixérono en múltiples ocasións nos últimos meses, a retirada do proxecto sanitario do PP. As protestas, que se prolongaron durante todo o debate que presenciaron os socialistas, non impediron que o Partido Popular rexeitase a totalidade de emendas presentadas e impuxese a súa reforma a Lei de Saúde, aprobándoa en solitario. Esta supón a desaparición das áreas sanitarias na provincia de Lugo.

Feijóo non vai ao Parlamento e o Conselleiro non comparece

Santos Ramos destacou que “o Partido Popular acaba de enterrar as áreas sanitarias da Mariña e Lemos nunha sesión no Parlamento galego á que nin se presentou Feijóo, na que tamén faltaba máis da metade dos representantes do PP que integran o Goberno galego e na que non tivo o valor de comparecer o propio Conselleiro de Sanidade”.

“Con esta imposición, o Partido Popular deixa aos hospitais de Burela e Monforte de Lemos sen autonomía e sen capacidade financeira propia para decidir sobre os seus investimentos ousobre a dotación de equipamentos e recursos sanitariospara poder prestar unha atención sanitaria pública e de calidade a 70.000 veciños da Mariña e 60.000 da zona Sur lucenses. As decisións sobre a atención sanitaria pública na Mariña e en Lemos tomaranse agora en Santiago ou, no mellor dos casos, na cidade de Lugo, é dicir, sen un verdadeiro e real coñecemento das necesidades. Esta imposición é un claroataque do PP á nosa provincia e un novo desprezo aos lucenses, pois os populares desfanse das áreas sanitarias da Mariña e Lemos, pero non da de Ferrol por exemplo que está a media hora da Coruña, conseguindo que un veciño do Vicedo ou de Sober teñan agora a súa área sanitaria a máis de hora e media do seu Concello”, remarcou.

Santos Ramos destacou que “a proposta do PSOE era a máis consistente: garantir servizos mínimos, definindo un plan de prestacións obrigatorias en todos os hospitais para garantir a todos os veciños o acceso a unha sanidade pública igual e de calidade. Pero o PP non quere que isto sexa así porque ten categorías entre cidadáns e aposta, claramente, pola sanidade privada. Agora quedamos ao albor das decisións que se tomen lonxe dos pacientes ou de os profesionais sanitarios se despracen a outros hospitais para atender aos enfermos, incrementando aínda máis as listaxes de espera”.

A Mariña

A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, subliñou que “acabamos de ser testemuñas do enterramento da área sanitaria da Mariña, cunha poboación de máis de 70.000 habitantes, e do peor dos desprezos do Partido Popular a todos os mariñás. Feijóo nin se dignou a vir ao Parlamento a seguir o debate, nin tan sequera á votación. O Conselleiro nin se pronunciou, non compareceu. Non tiveron en conta ningunha das alegacións presentadas nin as multitudinarias manifestacións veciñais. Hoxe é un día triste pero seguiremos loitando en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade para todos os veciños da Mariña”.

Lemos

O Alcaldes de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, salientou que “hoxe é un dia triste para a sanidade galega epara min especialmente pola situación na que nos atopamos agora os veciños da Comarca de Lemos. Hoxe o PP consumou o peche da nosa area sanitaria, o afastando os servizos sanitarios públicos aos nosos veciños. O Partido Popular consolidou o seu modelo sanitario, que é o de beneficiar á sanidade privada. Conseguiu que os veciños teñan agora que botar man dos seus recursos para ser atendidos na sanidade privada ao afastar os servizos públicos. O PP consuma a súa navallada á sanidade pública galega. Nós, en Monforte de Lemos, non imos ser cómplices do que fai o Partido Popular e, dende logo, seguiremos reivindicando unha sanidade pública, próxima, universal, para todos os cidadáns por igual…”

Que che pareceu o artigo ?