Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas da provincia de Lugo consideran que “o Partido Popular se está a burlar unha vez máis dos lucenses” co anuncio de 3 millóns de euros para “tapar baches” nalgúns treitos de estradas estatais cando nos Orzamentos do Estado de 2016 e 2017 figuran polo menos máis de 20 millóns de euros para o seu mantemento. Así o manifestaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada Socialista no Congreso pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, tras as declaracións do Ministro de Fomento e de contrastar as partidas económicas definidas nos presupostos do Executivo Central.

Pérez Herraiz explicou que no Orzamento do Estado de 2016 figuran 8 millóns de euros para a conservación das estradas nacionais na provincia de Lugo e 1.145.000 euros especificamente para a A-6. No Presuposto de 2017, hai outros 10,3 millóns para o mantementos das vías estatais no conxunto do territorio lugués e outra partida de 1.145.000 euros, a mesma que no exercicio económico anterior, para a A-6. “Polo tanto, hai consignados cando menos máis de 20 millóns de euros, que se o PP á fronte do Goberno Central houbese tivo a vontade política de executalos as estradas estatais na nosa provincia non estaría na situación de abandono na que hoxe de atopan. Que non mintan e que non achaquen o estado das estradas ao tempo. Se están así é pola súa desidia coa nosa provincia”, salientou Pérez Herraiz.

Santos Ramos engadiu que os 3 millóns de euros “son unha limosna que nos vén a dar o Partido Popular, pretendendo por en riba que os lucenses lles deamos a noraboa ou esteamos satisfeitos, cando debería ter executados dende o Executivo estatal obras de conservación de máis de 20 millóns”.

O Secretario e a Deputada explicaron ademais que “estes 3 millóns de euros son claramente insuficientes para a reparación dos treitos de máis de 200 quilómetros que din que van a arranxar na N-540, N-642, N-547 e A-6. Estes fondos permiten como moito tapar algún bache, poñer parches, pois para a mellora destes quilómetros necesitaríanse como mínimo 9 millóns. Este anuncia é unha nova burla do Partido Popularcara os lucenses que fan coa pretensión de sacar as máquinas ás estradas da provincia cando se aproximen as eleccións. Estes fondos non van a solucionar a situación de abandono na que o PP ten sometido as estradas estatais”.

Mañá Proposición non de Lei no Congreso
Precisamente mañá, Pérez Herraiz defende no Congreso a proposición non de Lei que presentou o PSOE, demandando ao Goberno Central do PP que no prazo de 6 meses elabore unha planificación na que se especifiquen as actuacións, prazos e o orzamento correspondente para a execución das autovías pendentes na provincia de Lugo (A-54, A-56, A-82 ou A-74, A-76 e A-72), así como da conexión en alta velocidade e da estación intermodal. Neste senso, hai que ter en conta que o Executivo Central do Partido Popular presentou o chamado Plan de Estradas de 5.000 millóns de euros, deixando fóra do mesmo á provincia de Lugo, que non contará con investimento algún. Este plan é, segundo dixo o propio Ministro de Fomento, o plan que impulsará as infraestruturas viarias na actual lexislatura.

Os socialistas da provincia de Lugo levan tempo demandando ao Ministerio de Fomento as seguintes actuacións:N-634, arranxo integral dende Ribadeo a Begonte; A-8, solución aos problemas de visibilidades; N-642, arranxo integral e mellora da seguridade; A-74 ou Autovía da Mariña, o seu desenvolvemento; A-6, mellora do firme en todo o seu trazado; FEVE, melloras de trens e estacións, máis persoal e horarios; máis servizos ferroviarios en Guitiriz; N-VI, mellora do firme por sovacóns en Guitiriz e Begonte, así como dende Baralla a Pedrafita, ademais da humanización en Outeiro de Rei e O Corgo; supresión de 32 pasos a nivel na línea Ourense-Monforte-Lugo; N-540, rexeneración inmediata; A-56, impulso das obras; A-54, inicio das obras nos treitos pendentes; N-547, mellora do firme en Palas de Rei; N-640, mellora do firme, sinalización e seguridade. N-120, mellora do firme e da seguridade; en Monforte, a variante do ferrocarril para reducir o tempo da viaxe de Lugo a Ourense, a supresión dos pasos a niveis no casco urbano, e a mellora da liña de ferrocarril Monforte-Ponferrada-León-Palencia por ser a vía de entrada e saída das mercadorías en Galicia; a posta en marcha da Variante da Pobra de San Xillao; en Láncara, a supresión dos pasos a niveis; En Sarria, a urbanización do Polígono Industrial de Morelle e a dotación dunha pasarela peonil para comunicar as marxes da estación; en Lugo a Intermodal e o AVE, a Rolda Norte, a Rotonda N-VI-con Alfonso X e a Pasarela das Gándaras.

Que che pareceu o artigo ?