Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do Partido Socialista en Bóveda, María del Carmen Macía Rodríguez, denunciou este venres o estado de “total abandono e desuso do Campo de Tiro Olímpico, unha infraestrutura deportiva na que se investiron máis de 80.000 euros e que, logo de 7 anos, se atopa pechada ao público”.

 

A voceira explicou que o Alcalde decidiu levar esta inversión a este espazo deportivo que “non ofrece ningún servizo nin aos veciños nin aos propios profesionais de tiro olímpico, porque se encontra sen os permisos necesarios para poder empregar ditas instalacións”. De feito, así llo comunicaron os propios veciños da zona que denuncian que logo de solicitar no Concello permiso para entrar ao campo, os propios traballadores municipais avanzaron que non podían acceder ao “campo de tiro por non ter a documentación en regra”.

 

“O Campo de Tiro de Bóveda só se abre cando veñen cargos do Partido Popular a sacarse fotos. Cando marchan, o campo queda de novo pechado”, apuntou.

 

Macía Rodríguez adiantou que ademais dos 80.000 euros xa investidos nesta infraestrutura, o Alcalde do PP decida achegar 20.000 euros do Plan Único da Deputación neste infraestrutura, en vez de destinar estes fondos á mellora de, por exemplo, o catálogo de actividades para maiores e nenos que ofrece o Concello.

 

Neste senso, apuntou que son os socialistas dende a Deputación de Lugo os que con outros 10.500 euros realizarán as obras do peche da área recreativa do Río Mao; así como o pavillón, coa rehabilitación da fachada e os traballos de albanelaría, carpintería e electricidade, co fin de mellorar o día a día das ducias de persoas que, habitualmente, empregan este espazo.

 

Promesas incumpridas do PP cos clubs deportivos

A voceira do PSOE en Bóveda criticou tamén a “desidia” do Partido Popular cos clubs deportivos do Concello, concretamente cos de fútbol. Deste xeito, Macía Rodríguez explicou que o PP leva prometido dende o 2016 asumir as fichas dos xogadores do Rubián e do Bóveda (este último compite en 1ª rexional), cousa que nunca fixo. Pola contra, a Deputación de Lugo no 2017 colaborou directamente con estes dous clubs con case 3.300 euros, dentro da aposta do Goberno pola promoción do deporte nos municipios do rural como motor de dinamización social.

Que che pareceu o artigo ?