Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Vicesecretaria Xeral de Relacións Institucionais da Executiva Provincial Socialista na Provincia de Lugo e Alcaldesa do PSOE en Viveiro, María Loureiro García, salientou este mércores que “Balseiro dedícase a pasear pola provincia, vendendo obras que executamos os Concellos con fondos da Unión Europea, que por lei corresponden a todos os veciños pola instalación de parques eólicos nos municipios. A Xunta de Galicia, como administración autonómica galega, limítase a facer chegar estes fondos comunitarios xa distribuídos aos Concellos, porque esta é a súa obriga, sendo unha mera intermediaria. O Delegado Territorial debería dunha vez por todas atender as necesidades dos veciños da nosa provincia, traendo investimentos públicos da Xunta aos Concellos lucenses, que por suposto tamén corresponden aos veciños desta provincia, en vez de, unicamente, preocuparse dos focos e de saír en cantas máis fotos mellor”. Nesta ligazón, pódese constatar a distribución dos fondos da Unión Europea do chamado Fondo de Compensación Ambiental, que publicou o DOG do 20 de xaneiro de 2017 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0244-130117-0006_es.html).

 

Loureiro García fixo referencia á visita de Balseiro este mércores a Celeiro para “supervisar” as obras que o Concello levou a cabo con fondos comunitarios polo canon eólico nun treito da Rúa Grande da que é a parroquia máis grande do municipio, pois conta con 2.000 habitantes. Están dotadas de 96.000 euros que concedeu a Unión Europea pola instalación en Viveiro duns 50 arexeradores.

 

Como mostra da “discriminación” e da “negativa do Partido Popular a achegar fondos públicos da Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro para atender as necesidades dos veciños”, Loureiro García apuntou que “o Goberno galego do PP opúxose a financiar actuacións como a rehabilitación das rúas Rego das Frores, Alonso Pérez ou Jesús Noia. Fomos os socialistas, dende a Deputación de Lugo, os que respondemos a esta necesidade veciñal, asumindo estes traballos con 60.000 euros”.  

 

Dous modelos confrontados

Loureiro García explicou que “existen dous modelos de cooperación cos Concellos: o partidista da Xunta de Galicia, que colabora cuns poucos municipios, na súa maioría, gobernados polo PP; fronte ao modelo da Deputación de Lugo, presidida polo socialista Darío Campos Conde, que colabora con absolutamente todos os municipios da provincia, atendendo por igual aos máis de 300.000 veciños desta provincia con cada unha das iniciativas e programacións que pon en marcha con fondos públicos que, como os da Xunta de Galicia, corresponden por igual a todos os cidadáns”.

 

Investimentos en Celeiro

“O que debería facer a Xunta de Galicia en Celeiro é traer investimentos reais, como así o facemos os socialistas dende a Deputación. Nesta parroquia, o Executivo Provincial do PSOE achegou outros 180.000 euros á mellora integral da rúa Rego da Fonte, unha das estradas máis importantes desta parroquia, pola que transitan diariamente grande cantidade veciños”, apuntou

 

Estes traballos que os socialistas levaron a Celeiro traballos consisten no cambio do sistema de saneamento e do pavimento, así como na humanización da travesía, con actuacións como a plantación de árbores ou a ampliación das beirarrúas. Estanse a renovar as tubaxes de todo o sistema de saneamento que, debido á súa antigüidade, se rompían e producían cortes de auga e tamén asolagamentos. Deste xeito, o PSOE dende a Deputación e o Concello de Viveiro responden a unha demanda histórica do veciños da zona, dotando á parroquia de Celeiro dun rúa totalmente renovada.

Que che pareceu o artigo ?