Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Alcaldesa Socialista de Sarria, Pilar López Yáñez, criticou este xoves a visita do Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, “para sacarse unha foto nas garderías concertadas e non a anunciar a construción dunha gardería pública Galiña Azul, será que Feijóo segue a pensar que en Sarria xa hai Galiña Azul.

 

Neste sento, a rexedora socialista denunciou “a falta de seriedade do responsable da Xunta en Galicia, que en vez de preocuparse por ofrecer respostas ás necesidades dos veciños da provincia, só se preocupa por figurar e saír na foto”.

 

López Yáñez explicou que hoxe en día, no Concello hai dúas escolas infantís de carácter privado, e que poñen á disposicións dos veciños do Concello unhas 60 prazas subvencionadas. Como a Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias na materia, non dotou ao municipio dunha escola infantil deste tipo, decidiu financiar con diñeiro público prazas privadas e compensar “a ineficacia da Xunta do PP”.

 

“Consideramos de extrema gravidade que o Partido Popular na Xunta de Galicia, e na provincia de Lugo, financie un número irrisorio de prazas públicas en Sarria, en vez de investir na construción dunha gardería pública e con máis prazas, que permita pór fin ás longas listas de espera que teñen os dous centros privados do municipio, centros que por certo contan co recoñecemento deste Goberno e de todos os veciños do municipio pola labor social e de atención que ofrecen”, apuntou.

 

Falsas promesas do PP

A rexedora municipal socialista explicou que “no Concello esperamos á visita dos técnicos da Xunta de Galicia para determinar en que lugar e baixo que condicións se podería construír unha escola da rede Galiña Azul, e non a do Delegado do PP da Xunta so para figurar, pois dende o Concello estamos dispostos a colaborar neste proxecto coa parte que nos corresponde, e intentar ofrecer un servizo público e de calidade”.

 

López Yáñez avanzou que o Goberno Municipal Socialista comprométese a poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreos para a construción desta edificacións, así como a cofinanciar tanto as obras como na futura xestión “tendo en conta a capacidade económica do noso concello, no que dispomos dun orzamento moi limitado, a diferenza da Xunta de Galicia”.

Que che pareceu o artigo ?