Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

 

A Deputada e o Senador do PSOE pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela Sánchez, explicaron este mércores que “o obxectivo do PP de reducir a función do Estado o máis posible, baixa a recadación de impostos ao 38% do PIB de maneira que o Estado de Benestar e a intervención da administración na economía son cada vez máis pequenos”.

 

“No Presuposto Xeral do Estado para 2018, o gasto social sobe o 2,8% mentres que a previsión do crecemento do PIB nominal é do 4,2%. Á provincia de Lugo aféctalle especialmente a redución do Estado do Benestar porque temos un nivel de renda considerablemente inferior ao da media do Estado e maior dependencia de prestacións e servizos públicos”, salientaron.

 

Os socialistas apuntaron que “precisaría tamén a provincia de Lugo recibir un pulo das súas infraestruturas para nivelar as posibilidades de desenvolvemento económico ás de outras provincias. Pero isto non sucede”

 

“Mentres os investimentos en España teñen un incremento do 14,8% con respecto ao ano pasado, na provincia de Lugo diminúen un 12,62% a pesares das necesidades e carencias en infraestruturas”.

 

“Isto agrávase porque do orzamento do ano pasado non se executou practicamente nada. Non hai estación intermodal nin conexión de alta velocidade, as melloras na liña entre Monforte e Ourense non se executaron e agora presupóstase unha cantidade moi inferior á prevista nas proxeccións realizadas”.

 

“Algo semellante pasa coa Autovía a Santiago. Do treito Melide-Palas só se executou a metade do orzamentado e redúcese considerablemente o previsto para este ano. Igual que o único treito que está en obras da autovía a Ourense”.

 

“Respecto da autovía da Costa, practicamente se repiten as cantidades do 2017, que foi un ano perdido porque non se executado nada”

 

“Sobre o mantemento, por exemplo, as necesarias e urxentes obras na N-540, a previsión é que non rematen ata 2019.”

 

“Estes Presupostos inciden na concentración da riqueza nos que máis teñen no lugar de abordar a necesaria redistribución”, denunciaron Pérez Herraiz e Varela Sánchez.

Que che pareceu o artigo ?