Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do Partido Socialista en Bóveda, María del Carmen Macía Rodríguez, denunciou o bloqueo constante do Partido Popular á actividade democrática de control á xestión do Alcalde por parte da oposición, que impide a labor de fiscalización que temos encomendados dende a oposición ao transformar en rogos as mocións que levamos ao Pleno, só para evitar o debate”, apuntou.

 

Carmen Macía explicou que os Socialistas presentaron ao Pleno Municipal dúas mocións para coñecer por que non se lle teñen efectuados os pagos das subvencións comprometidas polo Alcalde ao Rubián e ao Bóveda do ano pasado, así como outra para instar ao equipo de Goberno a redactar un regulamento de uso de bens públicos para facilitar o acceso de veciños e asociacións a lugares de titularidade municipal nos que se reunir. A pesares de tratarse de dous temas de interese para os veciños, o Alcalde do PP decidiu de xeito totalmente unilateral transformar ambas as dúas mocións de maneira que evitou o debate político, impedindo a nosa participación e ocultando información”.

 

“O Partido Popular, nun claro ataque aos valores que rexen a nosa democracia, non quere xerar debate nos plenos, amosando un xeito de facer política totalmente totalitarista, autoritario e propio doutros tempos. Ao PP non lle gusta nin a transparencia nin a participación”, apuntou.

 

Campo de tiro non homologado

Os Socialistas de Bóveda preguntaron ao Alcalde a razón do estado de desuso e abandono do campo de tiro olímpico no que se levan investido máis de 80.000 euros de fondos públicos. O Alcalde do PP apuntou que o campo non se pode abrir pois “non está homologado para o seu uso”. Ante esta situación, os socialistas preguntaron a razón desta situación, sen obter resposta algunha por parte do Alcalde que se negou a dar explicacións alegando que xa respondera á pregunta feita polos socialistas sobre este tema.

 

A voceira lembrou que “os veciños só ven o Campo de Tiro de Bóveda aberto cando veñen cargos do Partido Popular a sacarse fotos. Cando marchan, o campo queda de novo pechado”, apuntou.

Que che pareceu o artigo ?