Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

 

A Voceira Socialista de Portomarín, Silvia Rodríguez, considera “chamativo que o Alcalde de Portomarín do PP recoñeza a capacidade de xestión e liderazgo de Darío Campos, ao que lle pide expresamente por escrito o seu apoio e implicación persoal do Presidente da Deputación para asinar un convenio que permita abrir e construír os pisos tutelados da vila”.

 

A voceira socialista remarca “que si Portomarín vai poñer en marcha esta infraestrutura  será gracias á xestión do Goberno Socialista de Darío Campos, xa que o protocolo asinado polo Concello en setembro de 2015, co PP, non contaba nin con consignación orzamentaria, nin con proxecto, nin con obrigacións polas partes”, lamentou.

 

Rodríguez pregúntase “por qué un Alcalde que conta con dedicación do Concello pola que cobra 2.000 euros, tardou preto de 2 anos en demandar este novo convenio coa Deputación?. Que fixo durante todo este tempo?”. Ademais sinala que “o Concello de Portomarín foi o único de toda a provincia ao cal houbo que requirir a documentación”.

 

Pisos tutelados

Esta nova infraestrutura, que consta de 13 apartamentos tutelados, conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros achegada polo Goberno da Deputación, e estarán ubicados na rúa Lugo (enfronte do centro médico), nunha parcela do Concello de Portomarín.

Que che pareceu o artigo ?