Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos Ramos, salientou este venres que “Ana Pastor vén á provincia a dicirnos a todos os lucenses que o único que fixo o Goberno Central do Partido Popular na provincia durante o 2017 foron unhas obras en Mondoñedo e nada nos restantes 66 Concellos. Algunha explicación debería dar o PP aos máis de 300.000 veciños de Lugo”.

 

Santos Ramos salientou que “non fixo nada pola nosa provincia mentres foi Ministra e por iso non pode vir a Lugo a presumir de nada. Só é preciso ver todos os millóns de euros que non se executaron na nosa provincia aínda que figuraban nos Orzamentos do Estado das pasadas anualidades. Por non facer, e máis alá de avanzar en algún proxecto como a A-74, a Autovía da María, nin se realizaron os traballos de conservación das estradas nacionais, que nunca estiveron neste estado”, engadiu.

 

“Non sei si vén a explicarnos aos lucenses que o pacto do Partido Popular e de Ciudadanos nos Orzamentos do Estado para 2018 supón que continúe este desprezo por todos os lucenses e polo desenvolvemento da nosa provincia, pois esta alianza da deita do país déixanos sen proxectos necesarios, que defendemos os socialistas e nos tombaron no Congreso PP e Ciudadanos, como a chegada do AVE, a construción da Intermodal, o reforzo do servizos do tren de cercanías, necesarias melloras na A-6 ou na N-120, a humanización da N-VI, a autovía de Monforte a Chantada, instalacións para o funcionamento do Porto Seco, a pasarela peonil nas Gándaras, acondicionar a Ponte Aceña Nova sobre o Río Cabe, a rexeneración da ría de Foz ou do río Eo en Trabada, a Gran Senda do Navia ou a antiga ruta mineira entre Villavieja e Trabada, o novo cuartel da Garda Civil en Vilalba, a nova Comisaria da Policía Nacional…”, remarcou.

 

“Non sei si vén a explicarnos a todos os lucenses que ese pacto do PP con Ciudadanos vai a seguir eternizando durante máis e máis anos, mentres a dereita sega no Goberno Central coa muleta de Ciudadanos cuxas políticas se baseen no desprezo por Lugo, as autovías a Santiago, Ourense, a da Mariña, a de Monforte a Ourense, o desdobramento da Rolda Norte ou as rexeneracións integrais imprescindibles de estradas como a N-642 ou N-540”, subliñou.

 

“Non podemos estar calados mentres o PP e o seu aliado, Ciudadanos, segan limitando a capacidade de evolución da nosa provincia. É moi perigosa esta alianza da dereita, pois como vimos co PXE deste ano, as consecuencias para a provincia con nefastas”, apuntou.

Que che pareceu o artigo ?