Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

“Cuns gobernos galego e central inexistentes en Sarria, somos os socialistas os únicos que estamos a atender as necesidades dos nosos veciños. Pois, dende que o PP está á fronte destas administracións, o noso Concello sobreviviu grazas ao esforzo inversor de máis de 10 millóns de euros que fixemos os socialistas dende o Executivo Provincial”. Así o destacou este martes a Alcaldesa de Sarria.

A socialista Pilar López Yáñez explicou que “a Xunta e o Goberno Central fixeron caso omiso a todas e cada unha das peticións que trasladamos dende o municipio aínda seren da súa responsabilidade, tendo que asumir as mesmas dende os Executivos do PSOE no Concello e na Deputación”.

Como exemplo disto, a Rexedora destacou “o PP de Feijóo negouse a arranxar a rúa Diego Pazos, que é de titularidade da Xunta. Somos os socialista os que imos a mellorar este céntrico espazo dende o Goberno da Deputación con 250.000 euros. O Executivo galego tampouco quixo arranxar o treito do Camiño de Santiago dende Samos por Pitín a Sarria. Tamén o imos a facer dende o PSOE, pois dende o Executivo Socialista Provincial xa temos aprobado o proxecto de 253.000 euros”.

A rexedora socialista instou a Feijóo a que dunha vez por todas se desdobre o corredor Sarria-Lugo, unha infraestrutura vital para o desenvolvemento da provincia. “Agardamos algún investimento de fondos públicos da Xunta de Galicia en Sarria, que nos corresponden como o resto de galego pero que nos nega o PP. As infraestruturas que hoxe en día temos na provincia de Lugo son grazas ao Socialistas, cando José Blanco era Ministro de Fomento”, destacou.

“E o mesmo comportamento ten o PP dende o Goberno Central, cun compromiso cero cos veciños de Sarria. Onte mesmo lle trasladei ao Ministro de Fomento que levamos anos agardando o desenvolvemento do Polígono de Morelle, que é da súa titularidade.

De feito, no Concello temos xa comprometidos 60.000 metros para a instalación de novas empresas no municipio coas que poderíamos xerar emprego e riqueza, que o PP parece que isto non lle interesa”, subliñou López Yáñez.

 

Que che pareceu o artigo ?