Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos Ramos, referiuse este venres á sentenza sobre o caso Gürtel, que “non deixa lugar a dúbidas. O PP xa non é sospeitoso, xa non está sendo investigado, senón que o Partido Popular é culpable de corrupción e o que non podemos consentir é que unha institución estea sostida por unha organización corrupta. Na política non cabe a indecencia. Hai que erradicar a corrupción política”.

 

Santos engadiu que “estamos ante unha situación triste, sen precedentes, moi severa e moi grave no país. Non se trata dun caso non que unha ou varias persoas aproveitan a súa situación política para empregar ao marxe da lei os recursos de todos, situación que ningún caso se pode consentir. Estamos a falar de toda unha organización política que emprega ilegalmente os recursos públicos de todos para o seu beneficio exclusivo. E isto afecta, non só á imaxe do Partido Popular, senón á imaxe da clase política, que non é a imaxe de todos os partidos, pero si a imaxe do partido que está gobernando no país”.

 

“Isto é moi grave no ámbito social, político e institucional. Pois unha organización política que, coma todas, nace para representar e servir ao público, se beneficia do público. Isto dana moitísimo a toda a clase política que existe, unicamente, para representar e defender os intereses e necesidades dos cidadáns, do público”.

 

“Isto é moi grave no plano institucional, posto que dana gravemente a imaxe das institucións e cuestiona súa función social, seria e rigorosa para beneficiar ao público. Que pensarán os cidadáns ou os gobernos e institucións do que está a suceder en España, cando o Executivo do Estado está sustentado por unha organización culpable de corrupción?”.

 

“Estamos nun momento no que se necesita sensatez e valentía política. Alédome de que o PSOE abra un escenario de esperanza por recuperar a decencia política e institucional, que necesitamos todos os cidadáns deste país”, remarcou.

 

Santos Ramos apuntou que como Secretario Provincial do PSOE onte mesmo trasladou á Executiva Federal e, de xeito especial, ao Secretario Xeral da mesma, Pedro Sánchez, o seu apoio, así como a súa opinión persoal de que necesario presentar unha moción de censura. Neste senso, remarcou que “me satisfago de que o meu partido teña dado este paso, pois estamos ante unha situación moi grave”.

Que che pareceu o artigo ?