Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira municipal socialista, María Luisa Meilán Lombao, censurou este luns que “o Alcalde de Outeiro de Rei minte a todos os veciños do Concello”. Os socialistas rexeitan a proposta do PP por “chegar demasiado tarde e presentar un orzamento inflado con investimentos que non son reais”.

 

Meilán Lombao subliñou que “os presupostos para esta anualidade deberían ter entrado en vigor dende o 1 de xaneiro, algo que debera ser doado para o Partido Popular, pois conta con maioría absoluta no Concello, pero por razóns inexplicables non se aprobaron ata finais do mes de maio. Será porque o Rexedor é incapaz de poñerse de acordo cos seus propios compañeiros de partido?”.

 

Orzamentos inflados

A voceira socialista puxo en evidencia que se presentaron uns orzamentos inflados e que non son reais.“O Alcalde presume que dedicará o 47% do total a novos investimentos, é dicir, 2,9 millóns de euros. Pero iso é unha gran mentira, pois máis da metade de eses cartos son para a dotación de servizos na urbanización “A Palloza” que leva moitos anos presupostando pero que nunca executa. Polo tanto, os investimentos no municipio serán só de 1,4 millóns, o que representa finalmente o 30% do orzamento”.

 

Meilán Lombao subliñou que “dos 1,4 millóns do presuposto que presentou neste pleno, preto de 350.000 euros son achegas que facemos os socialistas dende o Goberno da Deputación para a mellora dos servizos públicos aos nosos veciños. Pero unha vez máis, o Alcalde amosa unha total falta de compromiso por mellorar a calidade de vida dos 5.000 habitantes do Concello, castigándoos e pensando só nos seus intereses persoais”.

Que che pareceu o artigo ?