Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do PSdeG-PSOE de Bóveda,Carmen Macía, denunciou que o Alcalde do Partido Popular intenta enganar aos veciños do Concello, ocultando os carteis informativos nas obras que financia o Goberno Socialista da Deputación a través do Plan Único. Macía apuntou que “o Alcalde está a pór en risco as axudas que os socialistas destinan ao Concello pois as bases do Plan Único obrigan a súa sinalización”.

 

“As dúas ou tres pequenas obras que financia a Xunta de Galicia, contan cos seus paneis informativos. Pola contra, todas as obras da Deputación carecen deles, a pesar de que a meirande parte das actuacións que se están a realizar no Concello, dirixidas a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, son financiadas pola Deputación. O único que quere o Alcalde é ocultar a súa nefasta xestión no Concello, para o que o PP non ten ningún tipo de proxecto de futuro”, apuntou a voceira.

 

Durante o 2017, foron case 160.000 euros os que o Executivo Socialista da Deputación investiu en Bóveda co Plan Único o que permitiu realizar melloras no saneamento e depuración de Eimer, A Tourona, Xulián, As Ponte, Vilaboa-Casas Novas e Ver; actuacións de acondicionamento do pavillón polideportivo; rehabilitación de accesos en Souto, Teilán, Remesar, O Castro, Tuimil, Campo do Muro, Rubián, Casas Novas e Rúa Real Bóveda; así como optimización enerxética do alumeado exterior en Bóveda, Agra e Rúa Nova, en Rubián.

Que che pareceu o artigo ?