Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, informou este martes de que o Concello leva varias semanas traballando na roza de todas as estradas municipais “co obxectivo de manter en bo estado as vías, ao tempo que garantimos a seguridade de todos os veciños que empregan estas estradas a diario e diminuímos o risco de incendios na nosa contorna durante a época de verán. Estas medidas enmárcanse dentro da nosa aposta por ofrecer aos máis de 1.300 cervantegos unhas infraestruturas de primeiro nivel, mellorando, deste xeito, a súa calidade de vida”.

 

Benigno Tadín destacou que “a brigada municipal comezou os traballos de roza polos núcleos poboacionais con máis actividade e tránsito de vehículos. Con estas novas actuacións que desenvolvemos dende o Concello e que afectan ás 21 parroquias e aos 130 núcleos coas que contamos en Cervantes. Actualmente estamos rozando a maioría das pistas de Cervantes coa finalidade de que o antes posible estean a totalidade das estradas municipais en perfecto estado para circular por elas”.

 

O Rexedor municipal instou á Xunta de Galicia a facer o mesmo coas estradas de titularidade autonómica, “que están abandonadas e das que sabemos que ata mediados de agosto non se acometerán os traballos de roza necesarios para poder transitar por elas con plenas garantías, como por exemplo a LU-723, unha vía fundamental porque comunica o Concello de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro e Becerreá coa A-6. Unha vez máis queda demostrado que os socialistas somos os únicos que preocupámonos de verdade polo estado das estradas, e deste xeito, polas necesidades dos nosos veciños, mentres que o Goberno Autonómico, cun presuposto 1.000 veces superior é incapaz de ter as súas estradas arranxadas”.

 

“A Xunta de Galicia non é unha institución seria, pois no ano 2017 non puidemos aceptar o convenio para adquirir un tractor e dous apeiros porque nos enviaron os documentos moi tarde, tendo que asinalo en 24 horas, sen posibilidade de analizalo e valorar a proposta, ademais de non contar con consignación municipal pois acababamos de comprar unha desbrozadora, fundamental para o noso Concello”.

 

Que che pareceu o artigo ?