Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, destacou este xoves que “os máis de 1.000 veciños do municipio contarán por fin, despois de máis de 2 anos pechada, coa farmacia que necesitan para poder abastecerse, contar coas súas menciñas e deste xeito, cubrindo as súas necesidades. Unha vez máis isto non se podería conseguir sen a axuda inestimable dos nosos veciños, unindo forzas, para reclamar un servizo fundamental para o noso Concello”. Carmen Álvarez fixo estas declaracións tras o anuncio por parte dos novos propietarios da apertura, este xoves, da farmacia de Folgoso do Courel.

 

A voceira do PSOE lembrou que “fomos os socialistas, tras o peche da botica, os que recollemos e presentamos nos rexistros da Consellería de Sanidade e da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, no ano 2016, máis de 900 firmas de veciños de Folgoso do Courel para reclamar solucións ante este problema gravísimo, que provocaba que os nosos cidadáns tiveran que desprazarse a Concellos limítrofes como Quiroga ou Pedrafita do Cebreiro, recorrendo máis de 30 quilómetros para poder contar coas súas menciñas. E o fixemos solos, pois nin a Alcaldesa, nin os Concelleiros do PP asinaron esta petición, rexeitando unha iniciativa que melloraría a calidade de vida dos veciños e que por lei debera asumir a Xunta e Galicia que é a administración coas competencias neste eido”.

 

A voceira subliñou que “unha vez máis dende o PSOE demostramos o noso compromiso por estar ao carón das persoas e deste xeito atender as súas necesidades, dentro da nosa folla de ruta socialista”.

 

Grazas a esta iniciativa do PSOE de Folgoso do Courel a Consellería de Sanidade decidiu instalar dous botiquines no Concello, un en Folgoso e outro en Seoane do Courel, que atendían ata a actualidade farmacéuticos de Triacastela e Quiroga cubrindo as peticións e necesidades do conxunto da poboación. Coa reapertura da farmacia os novos propietarios da botica tamén se farán cargo do servizo de Seoane do Courel.

 

O PSOE cumpre e atende aos veciños de Folgoso do Courel

Carmen Álvarez lembrou que o Goberno Socialista da Deputación construirá con 1,2 millóns de euros unha residencia e un centro de día no municipio, situado ao carón da botica farmacéutica e do centro de saúde, “cumprindo coas nosas promesas e atendendo aos noso maiores, dentro da nosa aposta por desenvolver políticas que melloren a calidade de vida das persoas que viven na Montaña lucense, fomentando a xeración de novos empregos e a dinamización socioeconómica da vila”.

 

“Este proxecto do PSOE en Folgoso do Courel estivo paralizado 9 anos pola Xunta de Galicia de Feijóo que decidiu paralizar este plan. Sempre fomos os socialistas os que defendemos este centro, pois a Alcaldesa non tivo nin a decencia de pedirlle aos seus compañeiros de partido que avanzaran e executarán dito proxecto. A súa inoperancia e inacción está a prexudicar aos veciños de Folgoso do Courel” denuncio a voceira do PSOE.

 

Carmen Álvarez apuntou que tamén son os socialistas da Deputación os que destinan, na actualidade máis de 25.000 euros para atención profesional diaria de 40 veciños a través do Servizo de Axuda no Fogar e da Teleasistencia Gratuíta.

Que che pareceu o artigo ?