Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira municipal socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, destacou este xoves que “se Folgoso do Courel ten un proxecto elaborado de residencia e centro de día para maiores e un orzamento presupostado

para executar ditas obras é froito do intenso traballo do PSOE, como partido que representa aos veciños e que defende os seus intereses”. A voceira fixo estas declaracións tras a visita do Presidente do Goberno Socialista da Deputación, Darío Campos, para explicar aos veciños dito proxecto co que se atenderán a 52 maiores lucenses e que conta cunha inversión do Executivo Provincial de 1,2 millóns de euros.

 

Carmen Álvarez subliñou que “os socialistas sempre cumprimos cos veciños de Folgoso do Courel e por iso levamos este centro de maiores, tal e como comprometeramos e recollía o noso programa electoral. Faise realidade un proxecto polo que levamos loitando dende o PSOE máis dunha década, e polo que o PP nunca se interesou e sempre puxo trabas. Despois de non ter feito nada para que este investimento sexa unha realidade, pretenden facer súa unha iniciativa que sacou adiante o Presidente Socialista da Deputación. Grazas ao orzamento que os compañeiros do PSOE achegan ao noso municipio poderemos ofrecer 30 prazas de residentes e 20 de centro de día aos nosos maiores”.

 

Mostra de que o PP nunca reclamou a construción desta infraestrutura social son a cronoloxía dos feitos:

 

  1. O anterior Alcalde do PSOE en Folgoso do Courel, José Fontal, foi o primeiro en preocuparse por dotar ao Concello dun centro de maiores, no ano 2008. Co PSOE gobernando na Xunta de Galicia, os socialistas comprometéronse a creación e realización deste proxecto, fundamental para os veciños de Folgoso do Courel.

 

  1. No ano 2009, coa chegada de Feijóo á Xunta de Galicia, o PP decide paralizar este plan, que xa elaborara o Goberno Socialista, prexudicando a todos os courelenses.

 

  1. Durante todos estes anos, a Alcaldesa do PP non solicita en ningún momento aos seus compañeiros da Xunta, nin a Elena Candia na Deputación que retomen o proxecto e inicien os trámites para poder levar a cabo un centro de maiores en Folgoso do Courel, sendo consciente de que os gobernos do PP non o ían a executar.

 

  1. Unha vez que o PSOE volve ao Goberno da Deputación, a Alcaldesa de Folgoso do Courel pide ao organismo provincial que inicie os trámites para facer realidade a residencia e centro de día. É o Presidente Socialista, Darío Campos, a petición da voceira do PSOE en Folgoso do Courel, o que decide liderar este proxecto, dotándoo dun investimento de 1,2 millóns de euros, demostrando unha vez máis que só os socialistas son os que se interesan polas necesidades dos veciños.

 

O PSOE comprometido co rural

A voceira municipal socialista de Folgoso do Courel salientou “o forte compromiso que mantemos dende o PSOE por estar ao carón das persoas, defendo a igualdade de oportunidades, vivas onde vidas, sobre todo no rural. Con esta nova infraestrutura, os socialistas melloraremos a calidade de vida dos nosos maiores, dinamizaremos a economía da zona e xeraremos novos empregos, demostrando unha vez máis a nosa capacidade para satisfacer as necesidades que demandan os courelenses”.

Que che pareceu o artigo ?