Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Dentro da iniciativa do PSOE a nivel provincial, de presentar mocións en todos os concellos, para declarar praga á vespavelutina o concello de Foz o primeiro onde se aproba, dita moción a instancias do grupo socialista.

Co voto a favor dos concelleiros do PSOE, FPF E BNG e a abstención do PP, o último pleno da corporación acordou instar á Xunta a declarar oficialmente como praga a imparable invasión que esta a sufrir dende hai varios anos,  tanto no concello de Foz como na comarca da Mariña, os primeiros en sufrir a invasión desta especie de vespa, que se esta estendendo por todo o territorio galego.

A expansión desta especie que comezou ameazando a biodiversidade con ataques ás abellas e vespas autóctonas e provocando importantes perdas económicas aos apicultores na produción de mel e aos agricultores nas árbores froiteiras e as colleitas, o que xa era grave de por si, estase a converter nun problema de saúde serio para a veciñanza. -Até o de agora, que unha vespa atacara a unha persoa non era común, pero como estamos a ver día a día, cada vez se dan máis casos de ataques a persoas-.

A proliferación de niños en lugares inesperados, debaixo dos tellados dos alpendres, en paredes de establecementos comerciais e vivendas, nas esquinas das fincas, en ribadas e incluso con parte do niño baixo terra, xunto coa agresividade dos ataques e o maior veleno da picaduras desta especie, supón un risco moi serio para a saúde das persoas tanto dos núcleos urbanos como de os rurais.- consideran os socialistas focenses.

Si a isto xuntamos á pasividade coa que a Xunta se toma a loita e erradicación desta especie podemos dicir que nos atopamos diante dun grave problema que require solucións drásticas por parte da administración competente, coordinando e ofrecendo medios especializados para combater esta especie.

Á vista está que os convenios asinados pola Xunta cos concellos, como no caso de Foz, son claramente insuficientes, non basta coa dotar de un traxe e unha pértiga e descargar a responsabilidade da retirada dos niños sobre os voluntarios de Protección civil, que non cobran nada por efectuar esta importante labor e  teñen facela no seu tempo libre.

Da mesma maneira que de pouco serve que un concello loite dentro do seu termo municipal, faga intensas labores de trampeo e retirada, si outros do redor non o fan.

Os socialistas queremos que se declare PRAGA para que os estudos e a dotación económica e os recursos materiais e humanos sexan maiores e sobre todo ben enfocados para a prevención e erradicación desta especie invasora.

A Xunta e o PP non poden seguir mirando cara a outro lado, deixando en mans dos apicultores, agricultores e os recursos moi limitados dos concellos, as medidas de prevención e trampeo e a erradicación de niños.

Lamentamos a maneira errática de actuar do PP neste tema, votando en contra da declaración de praga na Deputación de Lugo, absténdose no concello de Foz e desentendéndose das súas responsabilidades na Xunta de Galicia.- rematan os socialistas de Foz

Que che pareceu o artigo ?